
O
vindeiro luns haberá reunión do Comité de
Empresa e debateranse as propostas para un convenio, as diferenzas
nas propostas do marco normativo que debe rexer o traballo do persoal
laboral do Concello de Betanzos son substanciais e haberá,
pois, que saír cunha proposta de conciliación.
Ademais
na semana que vén, seguindo o calendario aprobado no pasado Comité
de Empresa denunciaremos o convenio que está vixente e
iniciarase o camiño cara a ese novo marco lexislativo que
mellore as condicións laborais do persoal laboral do Concello
de Betanzos e que supere as desigualdades que supón a
aplicación do convenio vixente que xa non contemplan as leis
de rango superior.
Ningún comentario:
Publicar un comentario