O día 7 de febreiro, na constitución da Mesa Xeral de Negociación do Concello de Betanzos, faltoulle tempo á representación da UGT para vender ao persoal laboral e quitarlle a representatividade que por lei lle pertence segundo o número de traballadores. A proposta do Concello apoiada por UGT, CCOO e CSIF foi que cada sindicato tivese 1 representante 1 voto independemente dos resultados obtivos nas pasadas eleccións sindicais. Dende a CIG propuxemos que independentemente dos representantes na Mesa os votos non poden valer igual posto que logo das pasadas eleccións a representatividade non se corresponde coa proposta polo Concello mais grazas á alianza dos outros tres sindicatos presentes na Mesa a proposta de ignorar a decisión democrática das pasadas eleccións sindicais por parte do Concello chegou a bo porto E O PERSOAL LABORAL QUEDA, UNHA VEZ MÁIS, EN DESIGUALDADE DE CONDICIÓNS ANTE O FUNCIONARIADO COA AXUDA DO APOIO DA UGT.
Se o persoal laboral é o dobre que o funcionariado non pode estar representado en igual número na Mesa de Negociación, iso é antidemócratico! O persoal laboral somos o dobre de traballadores e non temos porqué ser sempre menos que o funcionariado cando traballamos o mesmo tempo e aínda por riba cuns salarios moi inferiores. Parece ser que a UGT, que representa a unha parte do persoal laboral, non pensa o mesmo, debe pensar que é mellor quedar á cola, darlle o visto e prace ás propostas do Concello e vender ao persoal laboral unha vez máis. Agora si que empezamos a entender dende a CIG porqué os laborais sempre fomos por detrás do funcionariado, hoxe quedou claro cal foi o único sindicato que defendeu ao persoal laboral e a súa maior representatividade na Mesa Xeral de Negociación.
Que lle parecería ao Goberno se no pleno estivesen representados todos os partidos por un só concelleiro e non se tivesen en conta as eleccións locais? Pois iso é o que está a facer co persoal laboral, só que non é doado ver a palla no ollo alleo.
Hoxe quedou clara a alianza de todos os sindicatos con representación neste Concello coa propìa administración e que dende a CIG somos os únicos que mantemos os nosos compromisos de traballo e que poñemos de manifesto as irregularidades que o Concello teima en cometer. O de hoxe foi un atraco a man armada orquestrado polo Concello e apoiado por CCOO, UGT e CSIF, dende a CIG tomaremos as medidas oportunas mais é unha mágoa que o Concello teime en xudicializar as relacións coa representación dos traballadores ao saltar continuamente por riba da lei.
Xa que a UGT na Mesa xeral non explicou o motivo polo que pensa que o persoal laboral debe ter igual representación que os funcionarios cando por lei lle correspondería aos sindicatos que o representan máis representación nesa Mesa xeral, ao igual que nós faremos animámosvos, a ver se hai máis sorte, a que lle preguntedes aos compañeiros delegados da UGT a que se debe semellante sintonía coas propostas do goberno local que van en contra da lei e en detrimento da representación do persoal laboral.

Ningún comentario:
Publicar un comentario