O Partido Popular continúa coa carreira imparable de desmantelamento do sector público. A situación na que se atopa o persoal que desenvolve a súa actividade no sector público é especialmente preocupante. Este documento, publicado este sábado no Boletín Oficial do Estado, contén a supresión da paga extra que é un recorte salarial “puro e duro” que vén sumarse aos sucesivos recortes que xa padecemos. E queremos lembrar que os salarios do persoal das administracións diminuíron nun 20% desde 2010 e que isto provocará máis empobrecemento nun sector onde hai moitos salarios que non chegan aos 1000 euros, de feito, no Concello de Betanzos a grande maioría do persoal laboral nunca chegou a ser mileurista.
Unha das grandes novidades que nos presenta este documento oficial é que a promesa de que os cartos se ingresarían nun plan de pensións para o ano 2015 queda no aire sen concretar unha data e á espera de mellores tempos.
A maiores, en todo o disposto, quedan colgados os convenios colectivos do persoal laboral e os días de asuntos propios dende 2013 serán só tres, así mesmo elimínanse os días a maiores por antigüidade nestes días e nas vacacións, medida que o goberno do PSOE no Concello de Betanzos xa tomou hai uns meses pola vía da Resolución. O Goberno tamén recorta o diñeiro que funcionarios e persoal laboral cobrarán durante as baixas temporais.
Nos vindeiros días achegarémosvos información puntual sobre todo o que vai supor esta agresiva perda de dereitos para o persoal das Administracións públicas e informarémosvos do calendario de mobilizacións para defendermos os nosos dereitos, ante este desmantelamento das Administracións públicas os empregados públicos somos os primeiros que debemos saír á rúa defender os nosos dereitos.
Recomendámosvos a lectura do Título I "Medidas de reordenación e racionalización das Administracións públicas (páxinas 17-27).
Ningún comentario:
Publicar un comentario