Na
senda de liquidación das Administracións Públicas que leva
emprendida o PP, introdúcese agora o elemento máis devastador de
todos cantos cabía esperar: a regulación do despedimento
colectivo no Sector Público.
1º. Se
se regula é porque se vai aplicar. Quen ninguén se chame a
engano pensando que se trata simplemente dun desenvolvemento
regulamentario sen máis. Unha vez que as instancias políticas
dispoñan dese instrumento vai ser utilizado.
2º. Afecta
a todas as Administracións Públicas incluída
á Administración da Xunta de Galiza.
3º. Afecta
a todo o persoal laboral, non so a temporais e indefinidos,
senón ao persoal laboral fixo que ten superado procesos selectivos
para ao acceso a tal condición.
4º. Está
en poder da Administración decidir se existen causas de despido
colectivo ou non:
- No caso de causas económicas, abonda con infradotar orzamentariamente cun 10% a calquera consellaría ou ente para que se entre nun proceso de despedimento colectivo
- No caso de causas organizativas, abonda con xustificar que o servizo se poida prestar externamente reducindo custos.
5º. O
único criterio para priorizar a afectación dos despedimentos vai
ser o ter pasado un proceso selectivo. A partir de aí non
existen criterios, nin a antigüidade, nin ningún outro, quedando
expedita a vía da selección arbitraria por parte da
Administración de a quen despedir e a quen non.
6º. Constitúe
unha referencia para a modificación do EBEP de cara a rematar coa
permanencia dos/as empregados/as públicos/as, especialmente dos
funcionarios/as de carreira, que poderían ver como no futuro
desaparece calquera garantía neste sentido.
7º. É
un paso máis non só para reducir a Administración, senón para
privatizala, ao permitir que empresas privadas asuman
tarefas desenvolvidas por empregados públicos.
É
tamén realmente preocupante que un borrador desta importancia para a
xeneralidade dos empregados públicos, non fose posto en
coñecemento da CIG. Foi durante a rolda de intervencións
da Mesa Xeral de Empregados Públicos da Xunta de Galiza, o pasado
mércores 1 de agosto, cando a Dirección Xeral da Función Pública
anunciou que estaba en trámite esta disposición a nivel do Estado,
sen facilitárselle á CIG documento ningún, apesar de que a CIG ten
a consideración de sindicato máis representativo e con presenza na
Mesa Xeral de Administracións Públicas en Madrid. Dáse a
circunstancia de que outras organizacións sindicais dispoñen deste
borrador como mínimo desde o 27 de xullo, data do documento do que
hoxe se fai eco a prensa e que xa a está a circular por internet.
Rexeitamos tamén
que se veñan de facer alegacións por parte dalgunhas centrais
sindicais no lugar de rexeitar de plano este aberrante Real Decreto.
Desde
a CIG facemos un chamamento a todos/as empregados/as
publicos/as a continuar mobilizándose contra todas
as medidas de destrución das Administracións Públicas e dos
Servizos Públicos.
Fonte: CIG Administración pública
Ningún comentario:
Publicar un comentario