Unha
onda de suicidios en France Telecom fai catro anos volveu a figurar
nas noticias. A decisión das autoridades francesas de pór baixo
investigación xudicial ao ex presidente de France Telecom pola súa
presunta responsabilidade en máis de 30 suicidios de empregados
resalta un tema que poucas veces é discutido pero que ten graves
repercusións para a saúde dos traballadores: o estrés. A OIT
advirte sobre os riscos á saúde mental vinculados coa tensión no
traballo.
Os
suicidios en France Telecom en 2008 e 2009 coincidiron co agravamento
da crise financeira mundial e a reestruturación da empresa.
“A
decisión deste caso dependerá dos tribunais franceses”, dixo
Seiji Machida, Director do Programa SafeWork da OIT. “Con todo,
aquí na OIT pensamos que a crise se converteu en motivo de
preocupación para a saúde e seguridade dos traballadores en todo o
mundo”.
De
acordo co experto da OIT, os traballadores teñen que facer fronte ao
medo de perder o traballo e o estrés que isto xera. A redución dos
recursos destinados á seguridade e saúde dos traballadores podería
empeorar a situación.
“A
pesar da crise, é necesario investir nunha forza de traballo
saudable”, afirmou Machida. “Non só debido ao sufrimento das
persoas, senón tamén porque o estrés ten custos moi elevados”,
Ao
redor de 35 empregados de France Telecom suicidáronse entre 2008 e
2009. Varios deles deixaron notas queixándose da presión que
sufrían no traballo. Un informe gobernamental de 2010 dixo que a
empresa ignorara os consellos de médicos sobre o impacto das
políticas de restructuración na saúde mental dos traballadores.
Na
maioría dos países, o custo total dos accidentes e as enfermidades
relacionados co traballo, incluso os asociados co estrés, é moi
alto. Por exemplo, na Unión Europea estímase entre 2,6 e 3,8 por
cento do produto interno bruto (PIB).
Os
estudos ademais suxiren que o estrés é a causa de entre 50 e 60 por
cento de todas as xornadas laborais perdidas, un custo enorme en
termos tanto de aflición humana como de perda económica.
É
probable que os organismos encargados de facer cumprir a lei, os
inspectores de traballo e os servizos de seguridade e saúde conten
con recursos limitados para exercer as súas funcións. “O
resultado podería ser un incremento pronunciado de lesións e mortes
e do estrés relacionado co traballo”, advertiu Machida.
Un
aumento das enfermidades mentais
Mentres
que en casos extremos, o estrés pode conducir ao suicidio, o experto
da OIT advirte sobre un aumento xeral das enfermidades mentais debido
o estrés no lugar de traballo, tanto en Europa como noutras rexións.
Esta
tendencia ten diversas causas: exceso de información,
intensificación do traballo e das presións temporais, maiores
esixencias de mobilidade e flexibilidade, estar sempre “disponible”
debido á tecnoloxía dos teléfonos móbiles e, por último pero non
menos importante, o medo de perder o traballo.
Segundo
a OIT, a mellor maneira de abordar estes problemas é a través de
estratexias adaptadas ás condicións específicas do lugar de
traballo en cuestión. Os problemas dunha fábrica grande nun país
industrializado, por exemplo, poden ser moi diferentes daqueles nunha
planta de produción nun país en desenvolvemento.
“A
estreita colaboración entre os dirixentes e os traballadores é
indispensable para atopar solucións aos problemas de seguridade e
saúde no lugar de traballo. A participación e a contribución dos
traballadores, dos seus representantes e sindicatos tamén é
esencial para previr o estrés no traballo”, concluíu Machida.
Machida
referíase a dúas novas publicacións da OIT: Stress
prevention at work checkpoints,
unha guía para avaliar os controis en materia de saúde e
seguridade, e SOLVE:
integrar a promoción da saúde nas políticas de seguridade e saúde
no lugar de traballo,
un módulo de formación dirixido ás empresas que se centran na
prevención dos riscos psicosociais e na promoción da saúde e
benestar no traballo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario