Inclúese no decreto lei que prepara o goberno para adaptar á reforma laboral o despedimento colectivo, de suspensión de contratos e redución de xornada
O PP ten preparado xa o borrador do “Proxecto de Real decreto polo que se aproba o regulamento dos procedementos de despedimento colectivo e de suspensión de contratos e redución de xornada”. Un texto co que se pretenden incorporar as modificacións aprobadas na reforma laboral ao Estatuto dos Traballadores/as e que afecta a todos os sectores, incluídas as administracións públicas e, xa que logo, á Xunta de Galiza.
O
documento inclúe, no Capítulo I do seu Título III as “Normas específicas dos
procedementos de despedimento colectivo do persoal laboral ao servizo dos
entes, organismos e entidades que forman parte do sector público”. E no Capítulo
II o “Procedemento de despedimento colectivo aplicábel nas Administracións Públicas”.
Para o
primeiro caso, o procedemento será igual que o previsto para os despedimentos
colectivos en calquera empresa privada. Para o segundo, as causas serán tamén
económicas, técnicas, organizativas ou de produción, pero delimítanse os
criterios para entender que concorren esas causas.
Respecto
das causas económicas, entenderase que concorren:
A) Cando as subvencións nominativas do
Departamento, consellaría ou entidade local, ente ou organismo teñan diminuído,
cando menos un 10% respecto do exercicio anterior”.
B) Cando as transferencias de capital
correspondentes ás citadas entidades teñan diminuído un 10% respecto do
exercicio anterior.
C) Cando a aportación orzamentararia do
convenio ou contrato programa que tivera concertado o ente, organismo ou
entidade de que se trate teña diminuído, cando menos un 10%, respecto do
exercicio anterior
D) Cando se teña adoptado un acordo de non
dispoñibilidade que afecte ao departamento, consellaría, entidae local, ente ou
organismo de que se trate.
Entenderase
que concorren causas técnicas cando se produzan cambios, entre outros, no ámbito
dos medios ou instrumentos da prestación do servizo público ou actividade de
interese xeal de que se trate e que concorren causas organizativas cando se
produzan cambios no ámbito dos sistemas e métodos de traballo do persoal
adscrito ao servizo público ou actividade de interese xeral.
Para a
CIG-Administración o feito de que se desenvolva esta regulamentación é un
elemento “devastador” que vai afectar a todo o persoal, non só temporais e
indefinidos, senón mesmo ao persoal laboral fixo que ten superado procesos
selectivos para o acceso a tal condición.
Segundo
o procedemento previsto, denuncia que será a propia administración quen decida
sobre despedimentos colectivos na administración. Para iso, advirte, abóndalle
con infradotar orzamentariamente cun 10% a calquera ente para que se entre nun
proceso de despedimento colectivo para xustificar as causas económicas
previstas.
No
caso de causas organizativas,
alerta de que abondará con xustificar
que o servizo se poida prestar externamente reducindo custos e de que o único
criterio para priorizar a afectación
dos despedimentos vai ser o ter pasado un proceso selectivo. “A
partir de aí non existen criterios, nin a antigüidade, nin ningún outro,
quedando expedita a vía da selección
arbitraria por parte da Administración de a quen despedir e a quen non”.
Do mesmo xeito, denuncia que este decreto lei
constituirá unha referencia para a modificación do EBEP de cara a rematar coa permanencia dos/as empregados/as públicos/as,
“especialmente dos funcionarios/as de carreira, que poderían ver como no futuro
desaparece calquera garantía neste sentido”, afirman.
Considera que “é un paso máis, non só para reducir
a administración, senón tamén para privatizala, ao permitir que empresas
privadas asuman tarefas desenvolvidas por empregados públicos”.
Denuncia que “un borrador desta importancia para a
xeneralidade dos empregados públicos”, non fose posto no seu coñecemento. Lembra
que soubo da súa existencias “durante a rolda de intervencións da Mesa Xeral de
Empregados Públicos da Xunta de Galiza, o pasado mércores 1 de agosto, cando a
Dirección Xeral da Función Pública anunciou que estaba en trámite esta
disposición a nivel do Estado”.
Considera inadmisíbel que non se lle facilitara
ningún documento, malia teren a consideración de sindicato máis representativo
e con presenza na Mesa Xeral de Administracións Públicas en Madrid. Máis cando outras
organizacións sindicais dispoñen deste borrador como mínimo desde o 27 de xullo,
data do documento do que hoxe se fai eco a prensa e que xa a está a circular
por internet.
En todo caso, rexeita que se veñan de facer
alegacións por parte dalgunhas centrais sindicais “no canto de oporse de plano
este aberrante Real Decreto”.
Por iso, fai un chamamento a todos/as empregados/as
publicos/as a continuar mobilizándose
contra todas as medidas de destrución das Administracións Públicas e dos
Servizos Públicos.
A CIG está estudando o conxunto do borrador para ver como afecta aos
procedementos de despedimento colectivo e de suspensión de contratos e redución
de xornada en todos os sectores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario