O Goberno español do PP aproveitou o
último Consello de Ministros do ano 2012, celebrado o pasado 28 de
decembro, para aprobar o desenvolvemento da reforma das pensións
tramitada polo PSOE
que eleva a idade de xubilación até os 67 anos. A nova normativa
establece un período de transición no que se incrementará de xeito
progresivo até 2027 e fixa o cómputo para o acceso ao cobro da
prestación en 25 anos.
O Executivo de Rajoy
pechou o ano coa aprobación do texto que desenvolve a lei 27/2011 de
reforma do sistema público de pensións, tramitada no último
mandato de Zapatero co apoio dos sindicatos CCOO e UGT e que entrou
en vigor o pasado 1 de xaneiro.
A normativa
establece un atraso progresivo da idade de xubilación até os 67
anos en 2027 e fixa o xeito en que se fará a transición [consultar
táboa]. Para poder xubilarse os 65 anos hai que ter cotizado á
Seguridade Social durante 38 anos e seis meses, o que suporía
traballar dende os 26 anos de maneira ininterrompida.
Outro
dos cambios que introducidos ten que ver co cómputo para o acceso ao
cobro da pensión. Até o de agora o cálculo facíase sobre os
últimos 15 anos cotizados, pero tras a aprobación da normativa o
cobro da prestación determinarase en función dos últimos 25 anos.
Isto suporá no futuro unha baixada masiva da contía da pensións.
Táboa co incremento progresivo da idade de xubilación
Ningún comentario:
Publicar un comentario