Os delegados de prevención da CIG comezan a dar os primeiros pasos no seu traballo relacionado coa saúde laboral, para isto, e á vista de que o Concello de Betanzos non foi quen de constituír o Comité de Seguridade e Saúde, que ten que se reunir cada tres meses, logo de case dous anos, decidiron comezar o traballo á marxe de agardar a constitución do devandito Comité e dar os pasos necesarios para intentar forzar a convocatoria.
Por unha banda, e logo de falar con compañeiros de distintas dependencias decidiuse solicitarlle ao Concello que dote do material
mínimo exixido e/ou renove todos os botiquíns de primeiros auxilios
dos distintos centros de traballo, que se repoña o material usado
periodicamente e se verifique a data de caducidade do material
necesario de primeiros auxilios em cumprimento da Lei 31/1995 de
prevención de riscos laborais, á vista de que consideraron se estaba a cometer que unha neglixencia por parte do Concello no relativo á Lei 31/1995 de prevención de riscos laborais no que tiña a ver cos botiquíns e o descoido total e absoluto do necesario para os primeiros auxilios neste Concello.
A maiores, na solicitude indicáronlle ao Concello que no anexo VI do Real decreto
486/97, de 14 de abril, sobre lugares de traballo establécense as
condicións mínimas dos locais e o material necesario para a
prestación dos primeiros auxilios e que na grande maioría dos
centros de traballo dependentes do Concello non hai nos botiquíns
de primeiros auxilios o material mínimo exixido no RD 486/1997, non
se repón o material usado nin se verifica a data de caducidade do
material necesario de primeiros auxilios.
Ademais, solicitaron tamén que o Concello informe puntualmente sobre as vindeiras revisións médicas a todos os traballadores e os prazos e que se van realizar, igualmente que axilice os trámites necesarios para levalas a cabo debido á necesidade destas logo de levar máis de catro anos sen se levar a cabo.
Tamén lle solicitaron ao Concello o Plan de prevención de riscos laborais do que debe dispor toda empresa e toda a documentación que teña que ver coa prevención de riscos e á que teñen dereito a acceso os delegados de prevención

Ningún comentario:
Publicar un comentario