Chama a mobilizarse para pór punto e final “a este roubo, a este saqueo contra a poboación máis débil, contra a clase traballadora”
A
Confederación Intersindical galega convoca manifestacións, neste
Primeiro de Maio, en todas as cidades e en moitas vilas de Galiza
facendo un chamamento a parar as políticas deseñadas polo Partido
Popular baixo o mandato da Unión Europea. Políticas que están a
provocar unha cada vez maior perda de dereitos e o empobrecemento
masivo da poboación. “Constantes reformas que nos deixan sen
dereitos para darlles diñeiro aos bancos, ás grandes empresas, aos
especuladores/as e aos corruptos/as”.
CIG
denuncia o ataque ás pensións, os dereitos no traballo abaratando o
despedimentos, incrementando a xornada laboral, reducindo os nosos
salarios, causando máis paro e pobreza. “Somos vítimas dos
desafiuzamentos, perdemos o fogar, os aforros. Reducen as nosas
prestacións por desemprego ao 50% a partir do sexto mes. Elimínanlle
o dereito ao subsidio para maiores de 55 anos a centos de miles de
persoas, suprimindo a cotización durante estes anos e, como
consecuencia, castigando a pensión de todos e todas as que perderon
o seu traballo”.
A
central sindical denuncia tamén a redución das prestacións
sanitarias atacando a saúde; a supresión de servizos e a
privatización de hospitais para o negocio das empresas dos seus
amigos; o poder que se dá ás mútuas para as baixas por
enfermidade; o encarecemento da universidade para as fillas e fillos
da clase traballadora, mentres dan centos de millóns ao ensino
privado para os fillos e fillas dos ricos/as.
Pregúntase
por que atacan sempre o gasto social con estas reformas e non atacan
a inmensa fraude das grandes empresas do IBEX (Telefónica, Repsol,
Santander, Iberdrola, Gas natural, BBVA e 28 empresas máis que
segundo a Inspección de Facenda desvían por ano máis de 74.000
millóns de euros a paraísos fiscais. Ao igual que se pregunta por
que non perseguen a fraude das grandes fortunas, os máis ricos, que
segundo a propia Inspección levan a estes paraísos máis de 42.000
millóns de euros ao ano.
Lembra
que o gasto social no Estado español (pensións sanidade, ensino,
axudas, subsidios, etc) é un 15% menor que a media da Unión Europea
e salienta que só para contentar a Europa estase a matar a industria
galega, o naval, a pesca ou o noso sector agroalimentario, destruíndo
miles de empregos na nosa nación.
Alerta
de que xa se anuncian novas reformas, antes do verán, que terán
como consecuencia máis paro e pobreza e fai un chamamento a frear
esta situación. “Temos que paralos ou non teremos futuro, e peor
será para os nosos fillos e fillas”.
Manifestacións
convocadas
-A
Coruña:
ás 12:00 horas dende a Praza de Vigo
-A
Estrada:
dende a Praza do Concello ás 12.00 horas
-A
Mariña:
ás 12:00 horas dende o local da CIG (Avda. Arcadio. Pardiñas, 137)
-Ferrol: ás
12:00 horas desde a Avda de Esteiro
-Lugo:
ás 12:00 na Ronda da Muralla (a altura do Edificio Sindical)
-Ourense:
dende o Pavillón dos Remedios ás 12.00 horas.
-Pontevedra:
dende a Praza da Ferrería ás 12.00 horas.
- Ribeira:
12:00 horas, da Praza do Peixe.
-Santiago: 12:30
horas na Praza Roxa.
-Vigo:
dende o cruce da Doblada con Urzaiz ás 11.30 horas.
-Vilagarcía:
dende a Casa do Mar ás 11.00 horas
Ningún comentario:
Publicar un comentario