Nestes
días o Concello está a entregar os emprazamentos aos/ás
traballadoras interesadas para que poidan comparecer e personarse no
prodecemento contencioso-administrativo do Tribunal Superior de
Xustiza de Galiza aberto a raíz do recurso presentado pola
Conferación Intersindical Galega contra os orzamentos 2012 do
Concello de Betanzos.
O
prazo dende a recepción da notificación para a comparecencia é de
nove días e é optativa, é dicir emprázase ao persoal que se
considera interesado no proceso por se quere personarse no
procedemento, mais non existe a obriga de asistir.
Ata
o momento o recurso aos orzamentos foi admitido a trámite, e o
Tribunal Superior de Xustiza de Galiza acordou tramitalo segundo as
normas do procedemento ordinario e requiriulle ao Concello de
Betanzos todo o expediente no prazo de vinte días e indicándolle
que debía emprazar a todos os que aparezan como interesados no
expediente ante o Tribunal Superior, que no caso deste Concello son
todos aqueles traballadores e traballadoras que se consideran parte
interesada por teren presentado no seu momento alegacións á
Relación de Postos de Traballo ou aos orzamentos, o propio Comité
de Empresa, así como os sindicatos que presentasen alegacións.
Debido a isto, nestes días o Concello está a notificar a todos/as
os/as interesados o emprazamento para que poidan comparecer, no caso
de que así o queiran facer, ante o Tribunal Superior no proceso do
recurso.
En
todo caso, o persoal laboral xa estará representado neste
contencioso-administrativo pola Confederación Intersindical Galega e
os seu recurso aos orzamentos non negociados, en defensa das
alegacións que tantos traballadores e traballadoras presentaron, por
primeira vez na historia do Concello de Betanzos, e que motivaron que
a Relación de Postos de Traballo non negociada non fose aprobada e
só o fosen os orzamentos logo de ter que pasar o alcalde por unha
moción de confianza.
Con
respecto a este tema, e como sempre, se tedes algunha dúbida podedes
poñervos en contacto con calquera dos delegados e delegadas da CIG
para aclarala.
Ningún comentario:
Publicar un comentario