A
Comisión Europea iniciou unha consulta pública para solicitar as
percepcións e achegas do público a raíz dos resultados da
avaliación da estratexia europea de saúde e seguridade no traballo
(2007-2012), que ha de axudar a definir os retos actuais e futuros no
ámbito da saúde e seguridade no traballo e a buscar solucións para
abordalos.
Todos
os cidadáns e todas as organizacións están invitados a participar
nesta consulta, que estará aberta do 31 de maio ao 26 de agosto de
2013.
Búscase
principalmente a participación de representantes das autoridades
públicas dos Estados membros, de organizacións sindicais e
patronais e doutras partes e expertos con interese no ámbito da
saúde e a seguridade no traballo.
László
Andor, Comisario de Emprego, Asuntos Sociais e Inclusión, declarou:
«Os accidentes laborais rexistran un mínimo histórico e as normas
da Unión Europea en materia de saúde e seguridade no traballo son
un referente para o resto do mundo. O investimento en seguridade
ocupacional paga a pena, pois permite aumentar a produtividade e o
benestar dos traballadores, reducir o absentismo e os cambios de
persoal e obter unha maior satisfacción no posto de traballo,
especialmente durante a crise. Non obstante, este ámbito de
actuación tamén presenta retos, e xuntos temos que encontrar
solucións para abordalos.
A
Comisión publicou hoxe, como base para a consulta, os resultados da
avaliación da estratexia europea de saúde e seguridade no traballo
2007-2012.
As
conclusións desa avaliación confirman a importancia que reviste a
dimensión europea da política de saúde e seguridade no traballo,
en particular polo que se refire á tendencia positiva na redución
dos accidentes laborais e ao papel da estratexia da UE na
coordinación de esforzos e a provisión dun marco común de
actuación.
No
futuro será necesario seguir actuando, en particular para mellorar a
aplicación das disposicións de saúde e seguridade no traballo nas
PEME e nas microempresas, para deseñar unhas ferramentas máis
precisas de seguimento e recompilación de datos, para centrar mellor
a atención nos riscos e as enfermidades profesionais emerxentes e
para afrontar con máis eficacia os problemas de saúde e seguridade
no traballo relacionados co envellecemento da poboación en idade de
traballar.
Antecedentes
Dende
2002, a UE desempeña o seu papel político no ámbito da saúde e a
seguridade no traballo por medio de estratexias plurianuais adoptadas
formalmente pola Comisión tras as correspondentes consultas e
aplicadas voluntariamente polos Estados membros e as partes
interesadas.
Ata
agora adoptáronse dúas estratexias na materia: a primeira en 2002,
que abrangueu o período ata 2006, e a segunda en 2007, que chegou
ata 2012.
A
estratexia 2007-2012 fixou un obxectivo ambicioso para todos os
Estados membros: reducir os accidentes laborais nun 25%. Ademais
determináronse varios obxectivos específicos, entre eles:
- mellorar o marco regulamentario da UE en materia de saúde e seguridade no traballo, e perfeccionar a súa aplicación;
- adaptar o marco aos cambios no lugar de traballo;
- deseñar estratexias nacionais coherentes adaptadas ao contexto específico de cada Estado membro, e
- fomentar cambios nas condutas e promover unha cultura preventiva en todas as capas da sociedade.
En
abril de 2011, a Comisión publicou unha revisión intermedia da
estratexia 2007-2012. A avaliación final, xa dispoñible en liña,
baséase nun amplo proceso de consulta con todas as partes
interesadas deste ámbito: autoridades públicas dos Estados membros
encargadas da saúde e a seguridade no traballo, organizacións
sindicais e patronais a nivel nacional e da UE, expertos na materia,
etc.
Máis
información:
Ningún comentario:
Publicar un comentario