Dentro
dos contidos incluídos neste número están a problemática que que
xera para o conxunto dos traballadores/as do sector da construción a
TPC (Tarxeta Profesional da Construción), analizada por Xoaquím
Agulla Gómez, Secretario Comarcal da Federación de Construción e
Madeira en Pontevedra e membro da Executiva Nacional desta
Federación, o novo Sistema Galego de Alerta Temperá para a
detección de enfermidades profesionais, a sentenza do Xulgado
Central do Contencioso - Administrativo que declara inadmisible que o
INSS pague productividade por dar altas médicas, o incremento da
idade de xubilación e a megaminaría. Pechamos este número coas
publicacións do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral,
"Identificación de riscos laborais e Guía de Boas Prácticas
na estracción e na elaboración de pedra natural" .
O
Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 6, pode descargarse premendo na
seguinte ligazón ou
acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o
Boletín. En formato papel está a vosa disposición nos locais da
Confederación Intersindical Galega.
Neste
número pódense atopar os artigos “Os
dereitos dos traballadores/as e a Tarxeta Profesional da Construción
(TPC)” e
"Incremento da idade de xubilación - envellecemento activo"
incluídos no apartado Opinión, “O
novo Sistema Galego de Alerta Temperá para a detección de
enfermidades profesionais” en
Sabías que...?, "Unha
nova sentenza declara inadmisíbel que o INSS pague produtividade por
dar altas médicas" en
Colaboración - Análise xurídico-normativa e "A megaminaría:
procesos, promesas, consecuencias" na sección de Información
Técnica.
Como
peche para este número realízase unha revisión das
publicacións elaboradas polo Gabinete"Identificación
de Riscos laborais e Guía de Boas Prácticas na extracción de pedra
natural" e"Identificación de Riscos laborais e Guía de
Boas Prácticas na elaboración de pedra natural".
Podes descargar o Boletín CIG-Saúde laboral n.º 6 aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario