O
estrés térmico é un malestar que podemos experimentar cando a
permanencia nun ambiente excesivamente caloroso esixe esforzos
desmesurados aos mecanismos dos que dispón o noso organismo para
manter a temperatura interna en 37º C. É dicir, prodúcese pola
carga de calor que recibimos e acumulamos no noso corpo e que resulta
da nosa interacción co espazo ambiental no que nos atopamos, a roupa
que levamos e a actividade física que realizamos.
Como a intensidade
do estrés térmico e a gravidade dos seus efectos dependen destes
tres factores, é no traballo onde pode producirse maior estrés pola
acción da calor, especialmente en lugares pechados de mala
climatización e ventilación (como en fábricas, laboratorios e
minas) e en traballos ao aire libre (como na construción, a
agricultura e os relacionados con algúns servizos públicos, como a
limpeza).
Ao
traballar en condicións de estrés térmico, o corpo do individuo
altérase e aumenta a probabilidade de que se produza un accidente no
traballo, pode agravar doenzas previas e producir diversas
enfermidades relacionadas coa calor: esgotamento, cambras,
deshidratación, perda de coñecemento a diferentes niveis e
erupciones cutáneas.
Moitas
veces as causas do estrés térmico son facilmente reconocibles e
evitables, pero noutras circunstancias o estrés térmico por calor
pode pasar inadvertido e producir graves danos aos traballadores.
É
por iso que os especialistas aconsellan aos empresarios informar e
formar aos traballadores sobre os riscos que entraña a calor, coidar
a aclimatación, ventilación e temperatura do espazo de traballo,
facilitar a hidratación dos traballadores, fomentar o uso de pezas
que eviten a acumulación de calor, adaptar o ritmo e os horarios de
traballo e establecer pausas durante a xornada cando se traten de
postos de moita actividade física.
Así
mesmo, o traballador ten o deber de utilizar estes recursos dos que
dispón para evitar a tensión térmica e o dereito a informar os
responsables das posibles carencias nestes recursos.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario