Logo de case dous anos de
negociación, os peores prognósticos fixéronse realidade e dende o
pasado luns millóns de traballadores, entre eles o persoal laboral
do Concello de Betanzos, quedamos sen convenio. A reforma laboral do
Partido Popular tiña entre os seus principios acabar de raíz co
conseguido pola negociación colectivo, por iso fixaba nun ano o
prazo para negociar os convenios que tiñan unha data de caducidade e
eliminaba a aultraactividade e a posiblidade prórroga inmediata
destes, que no caso do convenio do persoal laboral do Concello de
Betanzos levaba anos e anos sendo prorrogado, posto que a vixencia
contemplada finalizou o 31 de decembro de 2006, e segundo a nova
norma e desde a entrada en vigor desta o prazo de negociación era
limitado.o un novo convenio antes da reforma laboral e moito máis
aínda neste ano que vai para atrás.
A finais de 2011, en cumprimento
do programa de traballo co que a Sección sindical da CIG se
presentou nas eleccións sindicais de 2011, o convenio foi denunciado
para tentar conseguir un marco normativo novo para os laborais e
adecuado aos tempos e foron moitos meses os que pasaron ata o que o
Concello se dignou a constituír a Comisión Negociadora do convenio,
xa daquela comezamos a pensar que a vontade de negociación do
Concello era máis ben pouca. Uns meses despois aprobaríase a
reforma laboral que marcaba un ano de prazo para a negociación e a
cousa seguiu igual, escasas reunións, traballo atrasado e pouca
vontade negociadora e dende iso chegamos ata este punto onde o
goberno municipal foi quen de deixar sen marco normativo ao persoal
laboral do Concello co que iso supón tento en conta que ten feito ao
longo deste tempo unha aplicación limitada do Estatuto Básico do
Empregado Público e admite que para os laborais habería que
recorrer ao Estatuto dos Traballadores, poñéndonos, unha vez máis,
por baixo do funcionariado tamén en dereitos.
Dende a CIG temos denunciado en
múltiples ocasións a paralización da negociación, mais pouco se
puido facer ante un goberno que se ampara en que as medidas do PP
dificultan a negociación colectiva mais que puido mesmo ter acordado
un novo convenio antes da reforma laboral e moito máis aínda neste
ano que vai para atrás.
Ante este complexo panorama e como
última vía, á vista de que a negociación segue paralizada, dende
a CIG decidimos propoñer ao Comité que este lle achegue unha
proposta de acordo expreso ao Concello para manter a vixencia do
Convenio actual en tanto proseguen as negociacións dun novo convenio
e mentres este non entre en vigor como unha posible medida para
intentar paliar as consecuencias do acontecido e así se fixo.
O Concello unilateralmente decidiu
non levar exactamente a proposta do Comité de Empresa senón unha
semellante, e esta foi aprobada por unanimidade por todos os grupos
políticos para prorrogar por un ano a vixencia do convenio
colectivo. A proposta do Comité pretendía que o convenio estivese
vixente ata a aprobación e entrada en vixencia dun novo convenio,
mais o Concello, sen nin sequera informar aos representantes do
Persoal decidiu levar a pleno unha proposta diferente e só
prorrogalo por un ano, agardamos que isto se deba a que pretendan
negociar inmediatamente este convenio e non ter un as debaixo da
manga para amedrentar continuamente ao persoal laboral. A isto hai
que engadirlle que o Pleno simplemente debe ratificar os acordos da
Comisión Negociadora do Convenio, que é o organismo que debería
ter sido convocado a tal efecto e non foi, mais como ben sabemos, e
como quedou demostrado hai xa case un ano co tema da RPT o Concello
adoita dar paus de cego nos procedementos de negociación porque
nunca houbo até o momento unha negociación ao abeiro da lexislación
e nin o goberno nin o persoal que o asesora parece saber como se leva
adiante unha negociación que non poida dar lugar a reclamacións
sobre a forma por parte dos representantes do persoal.
Hai que destacar que todos os
partidos remarcaron a pouca vontade de negociación do Concello, xa
denunciada polo Comité de Empresa cando logo de dous anos as
negociacións o certo é que non van moi avanzadas, e non hai que
esquecer tampouco que a negociación para os laborais corría por bo
camiño ata que o sindicato que representa maioriamente a
funcionarios se queixou por este feito nunha Mesa de Negociación e a
partir dese momento esta xa se paralizou de xeito substancial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario