A central nacionalista solicitou a reposición de todos os dereitos suprimidos polo Goberno central na súa intervención na Mesa Xeral en Madrid
As
federacións que conforman a Área Pública da CIG -Ensino, Saúde e
Administración- participaron este 26 de setembro en Madrid na Mesa
Xeral de Negociación das Administracións Públicas, onde
evidenciaron o “continuísmo do Goberno español” nas políticas
de destrución de emprego público e recortes sociais e salariais,
que levan significado unha perda de poder adquisitivo do 20% desde o
ano 2010.
A
convocatoria, na que participou en representación da CIG a
sindicalista María Xosé Santos, tivo lugar no momento en que se
negocian os orzamentos xerais do Estado para o 2014 e discorreu "sen
grandes novidades a respecto do previsto". De feito, a única
mudanza comunicada polo Goberno é que a partir de agora se tolerarán
taxas de reposición dun 100% nos corpos de policía local asignados
aos concellos.
Na
súa intervención, Santos criticou duramente o papel meramente
instrumental deste tipo de convocatorias, comunicadas con premura e
“carentes da documentación necesaria para debater a orde do día”.
A seguir, centrou as críticas no descenso de salarios, supresión de
dereitos adquiridos, diminución do emprego público e destrución de
servizos sociais, un conxunto de medidas que supón “o
empobrecemento da sociedade”. Fronte isto, reivindicou o fomento do
emprego e a recuperación de dereitos e poder adquisitivo dos e das
traballadores/as públicos.
Desde
a Área Pública da CIG lembran, ademais, que no tocante a Galiza o
goberno Feijóo “non convocou as mesas de negociación e continúa
a recortar salarios” mentres a administración xeral, pola súa
parte, asegura que respectará o 100% das pagas extra a nivel
estatal.
A
continuación reproducimos a intervención da CIG na Mesa Xeral:
A
Área Pública da Confederación Intersindical Galega (CIG) está en
contra de todas as políticas continuístas que mantén o Goberno
central no sector dos servizos públicos que o único que provocan é
unha desaparición dos mesmos, agravando máis aínda a profunda
crise económica na que nos atopamos inmersos, precarización das
condicións laborais dos seus traballadores/as consecuentemente
provocando máis paro no sector público e desaparición de servizos
públicos.
A
CIG-Área Pública oponse a todas as medidas presentadas:
En
primeiro lugar a CIG oponse a este tipo de convocatorias tan
prematuras, que está a ser habitual ano tras ano, e como sempre, sen
presentar ningún tipo de documentación necesaria para poder debater
os puntos incluídos na orde do día.
A
CIG estará sempre en contra de todas as medidas que supoñan perda
de poder adquisitivo e de dereitos para o persoal que presta servizos
nas administracións públicas, así como todo o que signifique
precarizar e facer desaparecer servizos públicos. Solicitamos a
reposición de todos os nosos dereitos que foron suprimidos polos
distintos decretos lei que foron aparecendo ano tras ano e que se nos
foron aplicando (Reposición dos nosos salarios, reposicións dos
dias de asuntos propios, reposición recortes salariais por baixas de
enfermidade, reposición dos fondos de acción social, etc).
A
respecto da conxelación salarial: a CIG considera que a chamada
"conxelación salarial" é, en realidade un recorte e unha
perda de capacidade adquisitiva, xa que desde o ano 2009 os
empregados públicos vimos sufrindo perda de poder adquisitivo sen
posibilidade de actualización. A isto hai que engadir que nestes
momentos só desde o ano 2010, temos unha perda acumulada de poder
adquisitivo que supera o 20%, sendo superior en Galiza e para o
persoal que depende directamente da Comunidade Autónoma de Galiza.
A
isto hai que engadir os descontos por baixas médicas dos empregados
públicos xa que isto tamén supón perda de poder adquisitivo.
Medidas como estas non son entendidas desde este sindicato, que o
único que provocan é deterioro na calidade dos servizos ao ter que
estar atendidos por persoal que non está en condicións de traballar
sumándose ao efecto negativo xerado pola falta de substitución no
caso de coller baixa. Aumentando o descontento de todo o persoal
ademais de expor ao persoal que está san a ser contaxiado polos
enfermos que veñen traballar, para evitar estes descontos inxustos e
que para moitos dos traballadores son inasumíbeis, xa que sumados
aos que xa hai supón en moitos casos baixadas importantes nas
nóminas. Desde este sindicato solicitamos tamén a retirada desta
medida.
A
CIG solicita e demanda a recuperación do poder adquisitivo, polo
menos desde o ano 2010 dos/as traballadores/as das administracións
públicas.
Con
respecto á taxa de reposición: solicitamos a desaparición desta
taxa en todos os ámbitos da administración porque entendemos que o
obxectivo desta medida é a desaparición e deterioro de todos os
servizos públicos dando lugar á entrada a pasos xigantescos das
privatizacións, que traen consigo maiores custos á administración
e peores servizos ao cidadán.
Non
se pode entender que cunha taxa de paro que a nivel estatal rolda os
6 millóns de parados no caso de Galicia 300.000, o Goberno siga
mantendo esta medida, xa que as administracións publicas deberían
ser as grandes impulsores de creación de emprego. Con esta medida o
que se está conseguindo é o efecto contrario xa que a falta de
emprego público e a perda de capacidade económica o que provoca é
empobrecemento, desconfianza na poboación.
Lembrar
que a CIG xa denunciou, no seu momento, as graves consecuencias que
isto tería e que xa está a ter para os servizos públicos e para o
seu mantemento. Advertímolo daquela, e mantémolo, que de seguir así
o que se provocará será un colapso da administración e dos
servizos públicos, que serán incapaces de atender as demandas dos
usuarios por falta de persoal.
Con
respecto á non cobertura de vacantes ou baixas laborais solicitamos
tamén a anulación no mesmo sentido que o exposto anteriormente.
Tamén
solicitamos a retirada da ampliación da xornada laboral, a CIG
solicita que a xornada laboral se estableza para todos os ámbitos
das administracións públicas en 35 horas.
Para
a CIG, detrás destas medidas escóndese a decisión do PP de ir
"adelgazando a administración", que non é outra cousa que
provocar o peche de certos servizos públicos porque non será
posíbel atendelos e favorecer as privatizacións dos que sexan máis
rendíbeis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario