Considera
que se implanta un estado policial poñendo en cuestión dereitos
fundamentais como o de reunión, manifestación e mesmo a liberdade
de expresión
A
CIG considera que a Lei de Seguridade Cidadá evidencia os principios
escasamente democráticos polos que se rexe o PP e ao servizo de que
intereses de clase están, porque mentres actúa con esta dureza
contra os movementos sociais e a clase traballadora mantén unha
actitude de moita permisividade respecto aos delitos económicos que
cometen os seus amigos, o capital financeiro, e eles mesmos.
O
secretario xeral da CIG, Suso Seixo sinala que a reforma da lei de
Seguridade Cidadá non se pode desvincular da do Código Penal e que
en ambos os casos o seu obxectivo é reprimir a contestación social.
“O PP a través das reformas laborais e sociais e das súas
políticas económicas está a provocar un recorte de dereitos e unha
precarización das condicións de traballo e da calidade de vida das
persoas e ante a contestación social que esas políticas están a
xerar, o que fai é promover estas reformas para impedir
manifestacións públicas que as poñan en cuestión”.
Seixo
subliña que na reforma do Código Penal o que se fai é tipificar
como delitos accións e mobilizacións que até o de agora non tiñan
esa consideración e afirma que o PP, ante o temor de que sobre as
persoas que protagonizan eses feitos a xustiza non actúe coa dureza
pretendida, porque “ao final serían os tribunais de xustiza quen
interpretasen eses feitos”, o que fan é reformar tamén a Lei de
Seguridade Cidadá porque aí é “directamente o goberno o
que impón ese castigo”.
Denuncia
que deste xeito, o goberno “vai actuar con total discrecionalidade
e arbitrariedade” e á marxe do criterio de calquera tribunal de
xustiza obrigando ás persoas que sufran esas sancións ou multas a
ter que pleitear contra o estado con serias dificultades para poder
gañar os procesos xudiciais.
Denuncia
tamén que con estas políticas represivas estase camiñando cara “un
estado de carácter policial coa intención de impedir á cidadanía
o exercicio de dereitos fundamentais como o de reunión, de
manifestación e mesmo de expresión”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario