A CIG vén de rexistrar hoxe mesmo algunhas consideracións con respecto ás bases publicada no BOP na semana pasada dunha convocatoria de emprego temporal no Concello de Betanzos, e unha vez máis esta Administración volve lucirse e publica nun Boletín Oficial unha convocatoria con claras deficiencias que non fan máis que dificultar o acceso da cidadanía ao emprego público baixo os principios de mérito, igualdade e capacidade. A Sección sindical da CIG do Concello de Betanzos rexistrou a súa proposta de mellora destas bases coas seguintes apreciacións:
1. As mencionadas bases non indican algunhas das condicións do
posto de traballo, como é a categoría profesional ou o nivel.
2. Con respecto ás titulacións requiridas deben indicarse a
equivalencia non sistema actual de graos universitarios. Ademais, a
diplomatura en Informática é inexistente e o que se debería
pedir, en todo caso, sería o primeiro ciclo da Enxeñaría Técnica
en Informática de Xestión ou Sistema ou o actual grao equivalente.
3. No punto 9.1.a. indica que se puntuarán os servizos prestados
na mesma categoría laboral mais non se indica cal é a categoría
laboral.
4. No caso de que esta praza requira unha titulación de grupo 2
laboral o temario mínimo son
60 temas (R.D. 896/1991) , cando nas bases só aparecen 9. Os
contidos mínimos para unha convocatoria deste tipo deben adaptarse
á lexislación vixente e están regulados no Estatuto Básico do
Empregado Público.
5. Que o coñecemento do galego é un requisito no acceso á función
pública galega, tal e como recolle a propia Lei 13/2007 da función
pública galega. Nestas bases aparece a acreditación
como mérito, non como requisito, e, en consecuencia, non se
habilita ningún sistema de probas para acreditar o seu coñecemento
no caso de que non se posúa o nivel exixido. Ademais, nas
bases das convocatorias de oposicións e/ou concursos de méritos
deberanse establecer os niveis de lingua exixidos como requisito
e/ou como mérito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario