Seguridade
O
69 % dos accidentes de tráfico que se rexistraron en Galicia no 2013
producíronse en días laborables e entre as 7 e as 20 horas. É
dicir, en horario de traballo. O dato achegouno o Delegado do Goberno
na comunidade nunha xornada de seguridade viaria destinada a empresas
que se celebrou en Santiago. Este dato amosa a relevancia que teñen
os desprazamentos por motivos laborais na seguridade do tráfico
rodado. Os últimos estudos publicados pola Dirección Xeral de
Tráfico (DXT) revelan que no Estado español, no 2012, producíronse
471.223 accidentes laborais que carrexaron unha baixa, dos que o 11 %
debéronse a sinistros de circulación.
A
dimensión do problema acrecéntase se se ten en conta que, deses
471.223 accidentes laborais, 564 foron mortais e que, deles, o 39 %
debéronse a sinistros ocorridos nas estradas do Estado español.
Para o Delegado do Goberno, estes datos demostran a necesidade de
mellorar a concienciación e a implicación da sociedade á hora de
porse ao volante dun vehículo.
«Os
accidentes de tráfico e as súas enormes consecuencias humanas,
sociais e económicas constitúen unha cuestión de seguridade
pública, un problema de saúde pública e un problema social»,
sinalou o Delegado do Goberno en Galiza durante a súa intervención
nas xornadas de seguridade viaria para empresas celebradas en
Santiago.
A
xornada foi organizada pola DXT en Galiza coa colaboración con
AENOR. Participaron responsables, xerentes e persoal de prevención
de riscos laborais de empresas de toda a comunidade autónoma, aos
que se lles expuxo o plan tipo de Seguridade Viaria da DXT e a norma
mundial UNE-ISO 39001, ambalas dirixidas a reducir a sinistralidade
viaria.
Fonte:
lavozdegalicia.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario