Accidente
laboral
A
Audiencia de Málaga confirmou a condena imposta por un xulgado a
dous responsables dunha obra polo accidente laboral que sufriu un
traballador, o cal resultou lesionado ao caer desde unha altura de
seis metros. Así, desestímase o recurso de apelación da defensa
contra a sentenza e ratifícase a pena de 16 meses de prisión e
multa de 2.700 euros imposta a cada un.
Os
feitos sucederon en maio de 2005. O traballador atopábase realizando
o seu labor como peón albanel na planta segunda da obra de
rehabilitación dun edificio na capital malagueña e procedeu á
elevación mecánica do perfil metálico, que se trabou no forxado da
primeira planta, forzando o maquinillo elevador de columna que seguía
tirando, segundo a resolución do xulgado. Por isto, caeu o
traballador, que estaba desenganchando do perfil o cable, desde uns
seis metros de altura, sufrindo lesións que requiriron 490 días
para curar, dos que 37 estivo hospitalizado.
Ademais, o prexudicado
ten secuelas que lle afectan para desempeñar actividade laboral de
esforzo, "sendo a súa situación laboral equiparable a unha
incapacidade permanente total".Segundo consta na resolución da
Audiencia,o xulgado considerou probado que o accidente e as lesións
que sufriu o empregado, foron "por mor da omisión da formación
adecuada aos traballadores en relación co seu posto de traballo e os
riscos do mesmo".
Así mesmo, tamén se debeu á "omisión
de medidas colectivas de seguridade, tales como varandas, e medios de
protección individuais, como o arnés, infrinxíndose con iso as
normas de prevención de riscos laborais". Ademais, todo isto
determinou, dicía a sentenza inicial, que este empregado e outros
que estaban na obra chegasen a "pór en perigo a vida ou
integridade".
Neste sentido, lémbrase que o
inspector de traballo describiu a ausencia de varandas e medios de
protección persoal, como arneses; así como a "ncorrecta"
instalación do maquinillo elevador. "Non se aprecia que o xuíz
do Penal incorrese nunha valoración da proba ilóxica ou
incoherente", di a Audiencia, polo que desestima o recurso e
confirma integramente a sentenza.
Fonte:
Diario Sur
Ningún comentario:
Publicar un comentario