A estas alturas do ano e con 21 000 euros gastados na empresa Galivalia xa dubidamos se o que ía ser o novo convenio para o persoal laboral é tal ou un negocio, porque o único "convenio" aprobado por este goberno municipal do PSOE e por José Ramón García Vázquez, logo de levar tres anos co seu denunciado o persoal laboral, foi o que beneficia a unha empresa privada que doce meses despois nin foi quen de elaborar unha Relación de Postos de Traballo nin de asesorar ao goberno para que acordase un convenio co persoal laboral, xa que o vixente cumpre o ano que vén 10 anos sen modificación nin mellora ningunha para os traballadores, tan só cos empeoramentos que as diversas reformas estatais impuxeron e que non se dubidaron en aplicar desde o primeiro momento.
A pesar de que nos últimos meses parecía que houbo de atisbo de vontade de continuar coas negociacións dun novo convenio segundo decorre o tempo sen novas sobre este tema parece que todo foi un espellismo, unha mágoa porque era a última oportunidade, un ano máis, deste goberno municipal de recuperar a credibilidade e deixar a un lado as trapalladas as que xa nos acostumou ao longo destes tres anos e de demostrar que efectivamente durante moitos anos as cousas fixéronse fatal en materia de persoal e mesmo este goberno municipal o fixo así mais que se decata de que non é normal nin xusto porque sempre se fixese así. E á vista do que fixo a empresa que contrataron para estes temas mellor sería ter aumentado a partida de persoal, de axudas sociais ou destinalo aos traballadores en vez que pagarlle mil oitocentos euros ao mes a quen non pasou polo Concello nin unha vez ao mes na maior parte dos casos.
Por todo isto, a CIG instou ao Comité a que lle amosase ao Concello, unha vez máis, e van tropecentas, a súa clara vontade de negociación e instalo a continuar coas negociacións do convenio colectivo con urxencia, indicándolle o que vos relatamos abaixo, agora, e coma sempre, a pelota está no tellado do Concello que é quen, a fin de contas, decide se quere negociar ou ignorar ao seu persoal.
"Logo de que a última Comisión Negociadora do convenio colectivo
tivese lugar o pasado 22 de setembro, hai máis de dous meses, e de
que despois doutra reunión este Comité entregase con data do 31 de
outubro unha proposta con respecto á documentación entregada polo
Concello con posterioridade e de que na actualidade, xa a comezos de
decembro, sigamos sen ter absolutamente ningunha resposta con
respecto á proposta presentada hai máis un mes nin información
ningunha sobre a negociación do convenio colectivo, o Comité de
Empresa do persoal laboral do Concello de Betanzos acordou na súa
reunión ordinaria do mes de novembro,
COMUNICARLLE
QUE:
- Solicitamos que se retome a negociación do convenio con urxencia e e cunha intención clara de negociar sen deixar transcorrer máis tempo.
- Solicitamos que o Concello cumpra os prazos e achegue os textos en tempo e forma de cara a poder estudalos polo miúdo e non demore máis a frecuencia das reunións da Comisión Negociadora do Convenio colectivo, se quere demostrar unha verdadeira intención negociadora cos representantes do persoal laboral desta Administración."
Negociacións Convenio Colectivo
Ningún comentario:
Publicar un comentario