Hoxe constituíronse as dúas mesas das eleccións sindicais do persoal laboral, a de técnicos e administrativos e a de especialistas e non cualificados, fixáronse as datas que rexerán este proceso electoral e acordouse que as eleccións terán lugar o vindeiro martes 2 de xuño e as votacións realizaranse entre as 10:00 h e as 14:00 h.
Desde mañá o censo electoral, é dicir, a listaxe onde constan os compañeiros e compañeiras que forman parte do proceso electoral, deberá estar exposta nos distintos centros de traballo de cara a que se poidan realizar reclamacións, no caso de que haxa algún erro. Haberá dous censos, no de persoal técnico e administrativo están os/as traballadores/as do grupo 1 ao 3 e no de persoal especialista e non cualificado/a os/as traballadores/as dos grupo 4 e 5.
A xornada de reflexión terá lugar o 1 de xuño e as votacións o día 2 de xuño. Nas mesas de ambos os colexios están os/as compañeiros/as con maior antigüidade e maiores e menores que traballan no Concello.
Canto ás eleccións de delegados/as de funcionarios/as desta volta non foron convocadas á vez que as de laborais e o seu proceso comeza o vindeiro 26 de maio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario