O vindeiro venres 12 de xuño ás 12:30 h no Centro de Formación Ocupacional terá lugar a constitución do novo Comité de Empresa, nesta reunión, convocada pola presidenta do Comité de Empresa en funcións, a CIG proporá unha candidatura para os cargos, un regulamento de funcionamento do Comité de Empresa e o nomeamento dos delegados de prevención, entre outros temas. A orde do día é a seguinte:
- Disolución do Comité de Empresa actual
- Constitución do Comité de Empresa entrante
- Aprobación, se proceder, do Regulamento do Funcionamento do Comité de Empresa
- Aprobación, se proceder, das normas de uso do local sindical.
- Proposta de nomeamento de delegados de prevención.
- Quenda de intervencións
A partir de aí agardaremos o nomeamento do/a concelleiro/a de Persoal e comezaremos a fixar as liñas de traballo para os vindeiros meses e sempre ao abeiro dos compromisos de traballo adquiridos. A Sección sindical da CIG decidirá nas vindeiras semanas as prioridades de traballo tendo en conta as demandas que nos trasladan os compañeiros e compañeiras e decidirá o cronograma de traballo e obxectivos para os vindeiros catro anos no Comité de Empresa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario