O Comité de Empresa, por iniciativa da CIG, solicitou hoxe por rexistro a documentación do expediente do proceso aberto para a cobertura dunha praza de patrón que non existe na Relación de Postos de Traballo e que o Concello vén de convocar. Nunha primeira ollada que lle puido botar á documentación, tal e como solicitou, a representación do Comité de Empresa, puido comprobar que existen serias dúbidas de que esta convocatoria fose realizada ao abeiro de informes claramente favorables, tal e como indicou o concelleiro de Persoal nun primeiro momento, de aí que solicitase copia por escrito da documentación consultada para poder analizala máis polo miúdo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario