A
CIG rexeitou hoxe na rúa a nova Lei de Seguridade Cidadá do PP,
coñecida popularmente como Lei Mordaza polo que supón de ataque
contra as liberdades públicas, coincidindo coa súa entrada en vigor
ao entender que o Goberno poderá utilizala a partir de agora de
xeito “discrecional e arbitrario” para reprimir a protesta e
a contestación social. Centos de delegados/as sindicais da
central participaron nas concentracións convocadas nas
Subdelegacións, nas sedes do partido conservador e na Xunta para
esixir a súa derrogación.
O
secretario xeral da CIG, Suso Seixo, que participou na mobilización
celebrada diante da Delegación do Goberno español na Coruña,
denunciou que a nova lei supón “un Código Penal en mans do
goberno de turno, que vai poder utilizar de xeito discrecional e
arbitrario para reprimir calquera contestación social que non sexa
do seu gusto”.
Seixo
fixo fincapé en que a partir da entrada en vigor hoxe mesmo desta
normativa a cidadanía fica nunha total indefensión xa que o que vai
prevalecer á hora de impoñer sancións por parte da Administración
pública será o informe da Policía, que ten presunción de
veracidade. “Nós temos sufrido xa nas nosas propias carnes
informes policiais falsos e manipulados feitos por cargos policiais
que obedecen ordes directas do Ministerio do Interior”, lembrou.
Neste
senso, cualificou a nova lei como lesiva e salientou que ataca
dereitos fundamentais, polo que anunciou que a CIG seguirá a convcar
mobilizacións para esixir que sexa derrogada. “Agardamos que o PP
dure pouco no Goberno e que quen o substitúa teña unha visión algo
máis democrática da sociedade e retire esta normativa”, rematou.
De
conflitos laborais a conflitos de orde pública
Para
a central sindical outro dos espectos negativos desta lei é
que converte os conflitos laborais en conflitos de orde pública
e introduce un catálogo de faltas ou infraccións que non pondera as
circunstancias especiais que concorren no exercicio dos dereitos
fundamentais de liberdade sindical e de folga, o que pode producir
efectos contrarios á propia Constitución española.
Alerta
da impunidade que isto lle outorga á Policía fronte á contestación
social e denuncia que se pon en mans do Goberno un mecanismo de
sancións abusivas que, ademais, deberán ser pagadas aínda que logo
haxa a posibilidade de as recorrer pola vía do contencioso, impondo
un castigo económico inmediato co obxectivo de afogar así a
mobilización social.
Denuncia
tamén a limitación que isto supón para articular unha resposta
inmediata, e ás veces mesmo espontánea, a determinadas decisións
políticas ao considerar como “perturbación” mobilizarse diante
de institucións do Estado, o Parlamento de Galiza ou mesmo os
tribunais se non está comunicada con 10 días de antelación.
Alerta
de que de aquí en diante considerarase falta grave parar un
desafiuzamento, “desobedecer á autoridade”ou actuar nun piquete
de se considerar que houbo coacción á folga.
Para
a CIG o PP pretende garantirse instrumentos que lle permitan actuar
de forma directa sobre os movementos sociais sen agardar que iso
poida ir pola vía penal, convertendo o conflito social que eles
mesmos provocan nun continuo conflito de orde pública. Un ataque
brutal, en síntese, a dereitos sobre os que se asenta a
participación democrática: liberdade de expresión, de reunión, de
manifestación e de folga.
Infraccións
moi graves
A
lei penaliza as consideradas faltas moi graves con entre 30.001 e
600.000 euros de sanción e considera como tal manifestacións non
comunicadas ante infraestruturas críticas ou celebrar espectáculos
públicos quebrantando a prohibición ordenada pola autoridade
correspondente, entre outras.
Ademais
recolle que a responsabilidade será de “organizadores ou
promotores”: sindicatos, comités de empresa, delegados/as de
persoal, seccións sindicais e mesmo a asemblea de traballadores/as”,
o que pode conducir doadamente á súa asfixia económica.
Infraccións
graves
As
infraccións graves poden ser sancionadas con multas de 601 a 30.000
euros. Como tales considéranse as concentracións diante do
Parlamento; a solidariedade en casos de despexos ou a presenza de
traballadoras/es ou representantes sindicais en infraestruturas ou
instalacións que presten servizos básicos para a comunidade.
Infraccións
leves
Para
estes casos a lei contempla sancións de até 600 euros e considera
como tales a ocupación de calquera inmóbel en contra da vontade
da/o seu titular; colocar un adhesivo nun ben público ou privado sen
necesidade sequera de denuncia do propietario; as faltas de respecto
e consideración que teñen como destinatario un membro das forzas e
corpos de seguridade do Estado ou non ter a documentación persoal
legalmente exixida ou non denunciar o seu roubo ou perda, entre
outros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario