Segundo datos do Ministerio de
emprego e Seguridade Social, durante o ano 2014 producíronse 65.201
accidentes in itínere, aqueles que se producen ao ir ou vir do
traballo, un 2,3% máis que no ano 2013. Os accidentes in itínere
supoñen o 13,51% do total dos accidentes laborais que causan baixa.
Engadindo a estos os accidentes in mision, que son os sufridos polo
traballador/a nos traxectos que realiza para cumprir coas súas
obrigas no traballo, obtemos que entre os dous estamos a falar do
20,55% do total dos accidentes laborais.
As actividades nas que se constata
un maior número de accidentes son o comercio, os servizos de comidas
e bebidas, a administración pública e os servizos de aloxamento; en
relación á ocupación, os vendedores, empregados/as
administrativos, persoal de limpeza, camareiros e policías son os
que teñen o maior número de accidentes de tráfico; por tipo de
vehículo, no 55,7% dos casos está implicado o coche, seguido nun
11,87% dos casos por motocicletas. A parte do corpo máis lesionada é
o pescozo, as vértebras e a espalda.
Os custes económicos deste tipo
de accidentes é duns 1.0068 millóns de euros anuais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario