Nos pasados días o Comité de Empresa vén de recibir as primeiras mostras de apoio ao comunicado emitido alertando da preocupante situación do servizo de limpeza do Concello de Betanzos. Polo momento foron Betanzos Novo e Compromiso por Galicia os que responderon á petición do Comité do xeito que vos transcribimos abaixo:
Comunicación de Betanzos Novo:
En nome de BETANZOS NOVO quero expresarvos o noso total apoio ao Comité
de Empresa do Concello de Betanzos nas súas reivindicacións para que se manteña
o servizo de limpeza e a xestión directa deste por parte do Concello de
Betanzos como servizo público e non se externalice e privatice este servizo.
Un dos compromisos do noso Programa Electoral é a defensa dos servizos públicos e a remunicipalización dos servizos privatizados. O deterioro do servizo público é o argumento principalmente empregado para xustificar a privatización.
A vosa reivindicación é unha cuestión esencial que incumbe a todas as betanceiras e betanceiros.
Por isto é urxente cubrir as baixas e vacantes necesarias para que o servizo poida ser prestado nas debidas condicións.
Neste senso, o grupo municipal de BETANZOS NOVO presentará unha moción no proximo Pleno da Corporación.
Un saúdo fraterno
Hipólito Pérez Novo
Portavoz do Grupo Municipal de BETANZOS NOVO
Un dos compromisos do noso Programa Electoral é a defensa dos servizos públicos e a remunicipalización dos servizos privatizados. O deterioro do servizo público é o argumento principalmente empregado para xustificar a privatización.
A vosa reivindicación é unha cuestión esencial que incumbe a todas as betanceiras e betanceiros.
Por isto é urxente cubrir as baixas e vacantes necesarias para que o servizo poida ser prestado nas debidas condicións.
Neste senso, o grupo municipal de BETANZOS NOVO presentará unha moción no proximo Pleno da Corporación.
Un saúdo fraterno
Hipólito Pérez Novo
Portavoz do Grupo Municipal de BETANZOS NOVO
Comunicación de Compromiso por Galicia:
Compromiso
apoia as xustas revindicacións do Comité de Empresa do Concello de Betanzos
Dende Compromiso
por Galicia xa levamos unhas semanas seguindo a problemática do servizo de
limpeza no Concello de Betanzos, despois do despido de duas traballadoras do
Vales Villamarín.
Xa entón
comunicamos a nosa procupación porque o servizo de limpeza do Concello puidera
ser privatizado, por ser reducido este e sobrecargado o traballo d@s
traballades/as.
E vital frear calquera privatización que poidan ter, esta so redunda en unha baixa da calidade do mesmo e en unha precarización das condicións laborais dos traballadores e traballadoras.
En base a esta exposto queremos mostrar a nosa total solidadriedade con Comité de Empresa do Concello de Betanzos na súa revindicación para que as plazas de limpador/a sexan cubertas a maior brevidade de tempo, e así se rebaixe a ilóxica carga de traballo dos actuais traballadores/as, como ten comentado Muíño o portavoz de Compromiso en Betanzos “as primeiras accións que fan tanto gobernos do PP como do PSOE para a privatización dos servizos sempre son, baixar a calidade dos mesmos para crear a sensación de que estes non funciona e así xustificar unha privatización en base a "suposta" mellora destes, nesta dinámica de acción nunca estará Compromiso por Galicia que aposta e apostará sempre pola xestión pública dos servizos públicos”.
Compromiso por Galicia poñerase en contacto cos demais grupos politicos presentes no Concello para acordar unha moción para que este servizo de limpeza continúe a ser xestionado polo Concello, solicitando que as prazas de limpador/a sexan cubertas para que este servizo se dea de forma efectiva.
Un saúdo
Francisco Sánchez Prado
Secretário Local de Compromiso por Galicia / Betanzos
Desde a Sección sindical da CIG agradecemos estes apoios para buscar solucións á crítica situación do servizo de limpeza municipal e agardamos que sirvan para solucionar canto antes esta grave problemática e se poidan frear os intentos de privatización manifestados na situación de desmantelamento deste servizo público municipal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario