Na
sentenza recóllese que «o dereito do traballador debe prevalecer»
sobre as dificultades organizativas que alega a empresa", que a
Constitución consagra a «protección integral dos fillos/as» e que
corresponde aos poderes públicos, entre os que están os tribunais,
velar por ese principio.
O
traballador, cociñeiro nun centro de rehabilitación para usuarios
con dano cerebral, solicitou a principios do curso escolar unha
modificación no seu horario, cando este se desenvolve en horario de
mañá, consistente en incorporarse ao seu posta unha hora máis
tarde, recuperando o tempo ao final da xornada; esta solicitude de
modificación prantexouse co fin de levar ao seu fillo á gardería,
que abre as súas portas á mesma hora que comeza o horario do pai. A
dirección do centro denegou a petición alegando as necesidades do
servizo que presta o centro asistencial.
A
xuíza do caso, despois de escoitar as testemuñas de compañeiros do
demandante en relación á organización das tarefas da xornada,
consultar a xurisprudencia e o convenio colectivo dos empregados
públicos, no que se recoñece o dereito a flexibilizar nunha hora o
horario dos traballadores que teñan ao seu cargo nenos/as, maiores
ou discapacitados, accedeu á petición do demandante. Na
sentenza exponse que esta é unha medida puntual que non supón unha
modificación permanente do turno de traballo e non se considera que
"vaia a afectar de forma drástica ao servizo".
Ningún comentario:
Publicar un comentario