Un estudo destaca que, a medida que aumenta a inestabilidade laboral, aumenta tamén o empeoramento da saúde mental, chegando a triplicar a incidencia respecto dos grupos con empregos máis estables e afecta máis a mulleres que a homes.
Dado
que cada vez é máis frecuente a contratación temporal, as
políticas de prevención de riscos laborais deberían ter cada día
máis en conta esta contorna laboral cambiante. Con todo, aínda
existen moi poucos estudos centrados en descubrir cales son as
enfermidades asociadas a esta nova situación laboral.
Segundo
o Ministerio de Emprego e Seguridade Social, a finais de 2012 un
78,4% dos contratos eran indefinidos e uns 21,6% temporais,
porcentaxe que subía ata o 25,09% no segundo trimestre de 2015,
segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).
Unha
cuarta parte dos traballadores do Estado teñen contratos temporais,
algo que debería ter repercusións nas accións das empresas
enfocadas a reducir o absentismo laboral, mellorar o clima de
traballo e prestar asistencia sanitaria aos empregados.
Unha
boa forma de establecer protocolos de prevención efectivos é
promover estudos sobre os efectos da temporalidade sobre a saúde dos
traballadores. Un dos estudos que existen respecto diso parte do
proxecto da Unión Europea, SOPHIE, que dende o ano 2011 trata de
avaliar o impacto das políticas sociais na saúde.
Este
estudo conta coa participación de diversas institucións e
universidades europeas, entre elas a Universidade Pompeu Fabra.
Coordinado por Carme Borrell dende a Agència de Saúde Pública de
Barcelona, unha das facetas da súa análise, céntrase nas
desigualdades de saúde derivadas das políticas sobre o mercado
laboral.
O
estudo destaca que, a medida que aumenta a inestabilidade laboral,
aumenta tamén o empeoramento da saúde mental, chegando a triplicar
a incidencia respecto dos grupos con empregos máis estables e afecta
máis a mulleres que a homes.
Segundo
sinala Fernando G. Benavides, Catedrático de Saúde pública do
Centro de investigación en saúde laboral da Universidade Pompeu
Fabra, o traballo constitúe un dos determinantes básicos da saúde,
influíndo sobre ela tanto negativa (lesións, enfermidades) como
positivamente (benestar, identidade social). Pero, á súa vez, a
saúde inflúe tamén sobre o traballo, de forma ben positiva
(produtividade) ben negativa (ausencias por incapacidade).
Nesta
influencia entre saúde e traballo, exponse a adecuación de abordar
a temporalidade cun enfoque que implique a higienistas, ergónomos e
psicólogos, así como a traballadores e empresarios, xestores
públicos e privados; pois na ecuación de saúde e traballo, o
benestar do traballador temporal xoga un importante papel social,
ademais de ter gran influencia na produtividade das empresas.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario