A CIG vén de lle solicitar por escrito ao Concello que coa
maior brevidade posible, lle aboe a cantidade correspondente aos días
indicados na Lei 48/2015 con respecto á paga de decembro de 2012 non
cobrada e dentro do exercicio económico 2016, a todos os empregados
e empregadas públicas que prestaban os seus servizos nesta
Administración local no momento en que quitaron a paga
extraordinaria de 2012 e que lles corresponde a devolución.
Igualmente trasladoulle ao Concello a súa preocupación porque non todos os traballadores e traballadoras que estaban en activo no momento cobraron a restante porcentaxe que deberían ter cobrado antes do 31 de decembro de 2015, o que motivo algunha reclamación que podería dar lugar a unha demanda por impago no caso de que o Concello non solucione esta situación proximamente.
A CIG lembroulle o articulado da Lei de orzamentos do Estado para 2016 que permite a devolución dos 91 días pendentes da extra de 2012 e reclámalle ao Concello que a pague canto antes, toda vez que cando a houbo que quitar non houbo dúbida ningunha, non así como outros concellos onde non se fixo, agora é o momento de devolvernos os nosos cartos coa máxima celeridade posible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario