O
Pleno de Tribunal de Contas aprobou o "Informe de fiscalización
sobre a xestión e o control efectuados polas Mutuas de Accidentes de
Traballo e Enfermidades profesionais da Seguridade Social en materia
de asistencia sanitaria concertada con medios alleos" . O ámbito
temporal de fiscalización abrangue o exercicio 2013. Entre os
obxectivos da fiscalización atópase a verificación das actuacións
de control da Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social,
DXOSS, na súa función de coordinación e tutela das Mutuas, así
como analizar se os concertos de asistencia formalizados con medios
alleos se realizaron conforme a principios de eficiencia e economía.
Así mesmo, revisouse o grao de cumprimento das recomendacións formuladas polo propio Tribunal de Contas no "Informe de Fiscalización sobre os procedementos de contratación das Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social" aprobado en marzo de 2009 e da Resolución da Comisión Mixta para as Relacións co Tribunal de Contas referido ao mencionado Informe, na que se instó ao Goberno a adoptar medidas respecto á xestión da asistencia sanitaria concertada con medios alleos.
As
recomendacións á DGOSS diríxense ao reforzo das funcións de
coordinación e tutela sobre as Mutuas en materia de asistencia
sanitaria concertada con medios alleos, en cuestións relacionadas
coa verificación dos obxectivos de eficacia e racionalización na
utilización de recursos públicos e da calidade da asistencia
prestada.
En
relación ás Mutuas, citaremos as seguintes recomendacións:
-
O fomento de convenios de colaboración coas administracións
públicas sanitarias, co fin de que as prestacións se efectúen
prioritariamente con recursos sanitarios públicos.
-
A rescisión dos concertos de asistencia sanitaria co fin de
formalizar outros novos que garantan as directrices recollidas no
texto da Lei de Contratos do Sector Público.
-
A comprobación da veracidade dos datos de facturación das empresas
coas que se teñen formalizados os concertos, co fin de verificar a
solvencia financieira e garantir que non se trata de empresas creadas
expresamente para realizar o concerto coa Mutua.
-
Regular a situación que manteñen as Mutuas con empresas de
transporte sanitario.
Mais
información:
Ningún comentario:
Publicar un comentario