SENTENZA
Os feitos foron
considerados constitutivos dun delito contra os dereitos dos
traballadores en concurso cun delito de lesiones imprudentes. Os
acusados aceptaron indemnizar conxunta e solidariamente ao
traballador ferido con 47.138,86 euros e abonar os gastos de
asistencia médica, máis os intereses legais.
O sinistro produciuse o
20 de decembro de 2005. Segundo a sentenza, "o procedemento
xudicial estivo parado inxustificadamente en numerosos períodos".
O traballador recibiu unha descarga eléctrica que lle provocou
graves lesións que lle supuxeron dúas operacións con enxertos de
pel e secuelas.
Os acusados -o
administrador da empresa para a que traballaba a vítima, o
encargado, o xefe de equipo, o encargado da empresa contratista
principal e, o administrador único da empresa contratada, e
subcontratada á súa vez, para as operacións de elevación e
transporte nas obras de construción da Autovía, cuxo promotor era o
Ministerio de Fomento-. asumiron a súa responsabilidade, polo que
non se chegou a celebrar a vista oral no Xulgado do Penal 1 de
Oviedo.
Os dous principais
responsables foron condenados a 9 meses de prisión e 540 euros de
multa cada un. O xefe de equipo, a 9 meses de cárcere e unha multa
de 360 euros. E os dous últimos a 3 meses de prisión, que se
substituirán por 1.080 euros cada un, e unha multa de 360 euros.
Ambos xa abonaran ao traballador 32.861 euros. Ademais, terán que
idemnizar á vitima con 47.138 euros, máis os intereses legais,
contía que abonarán directamente as aseguradoras da Dirección
Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento e das empresas implicadas.
Segundo consta na
sentenza, os acusados recoñeceron que "non habilitaran
medidas para evitar o risco eléctrico" a pesar da
proximidade de liñas de alta tensión, e que "non
dispuxeran un sistema ou procedemento de traballo ou de coordinación
entre os traballadores das distintas empresas intervenientes". E
todo iso a pesar de que "tanto nas avaliacións de riscos
elaboradas polas empresas como no Plan de Seguridade e Saúde,
detectouse o risco, sinalándose a necesidade de que, ou ben non se
realizasen os traballos sen que a compañía eléctrica descargase a
liña, ou ben se balizara ou instalasen barreiras de protección ou
pórticos para respectar a distancia mínima de seguridade".
O xuíz considera que os
feitos foron constitutivos dun delito contra os dereitos dos
traballadores en concurso con outro de lesións imprudentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario