No DOG do xoves 28 de
xaneiro publícase a Resolución pola que se publica o Plan de
formación do persoal das administracións e entes públicos da
Comunidade Autónoma, das entidades locais e da Administración de
xustiza de Galicia, así como do persoal de administración e
servizos (PAS) das tres universidades galegas, para o ano 2016.
Esta resolución ten carácter
informativo e a execución das accións recollidas nela queda
condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e
dispoñible e ao que se estipule en cada convocatoria. Isto quere
dicir que poderán sufrir modificacións xa que non é a primeira vez
que a Xunta utiliza a formación de xeito propagandístico e do que
se anuncia ao que en realidade se fai pode haber un treito
considerable.
Para acceder ás accións
formativas recollidas neste plan os empregados públicos deberán
formalizar a súa matrícula logo de que se publiquen no Diario
Oficial de Galicia as correspondentes convocatorias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario