A
CIG informa que xa está publicada a orde que regula a participación
no fondo solidario de libros de texto e xa se poden solicitar as
axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para
o curso 2016/17.
As
axudas están destinadas ás familias con alumnado matriculado en
educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación
especial, en centros docentes de Galiza sostidos con fondos públicos.
O
alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto
educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2016/17 está excluído da
participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas
para adquirir libros de texto. Porén, poderá solicitar a axuda para
adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos
nesta orde.
No fondo
solidario de libros de texto pode participar o:
-
Alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria.
-
Alumnado matriculado 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria.
Nestes
cursos manteranse os libros de texto do curso 2015/16 e asignaranse
por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.
A
convocatoria de axudas para adquirir libros de texto vai
destinada ao:
-
Alumnado matriculado en 1º e 2º de educación primaria.
-
Alumnado matriculado en 2º e 4º de ESO.
-
Alumnado matriculado en educación especial.
A axuda
para adquirir material escolar destinado a alumnado
matriculado en educación primaria, ESO e educación especial con
renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.
Neste caso a axuda será de 50 euros.
O
prazo para presentar solicitudes rematará o día 23 de xuño de
2016.
Toda
a información pódela consultar na seguinte ligazón:
Ningún comentario:
Publicar un comentario