Igualdade
O
estudo "Tempos de equidade de xénero: descripción das
desigualdades entre comunidades autónomas, España 2006-2014"
elaborado por científicos da Universidade de Alacant e publicado en
Gaceta Sanitaria, conclúe que o "contexto de equidade de xénero
acandado nas CC.AA. españolas no ano 2006 perdeuse durante a crise
económica, ao aumentar a desigualdade na equidade de xénero en
2014". A inequidad de xénero segue sendo desfavorable ás
mulleres. No caso concreto de Galiza, os datos amosan que a
desigualdade de xénero medrou entre os anos 2006 e 2014.
No
2006, un ano antes da entrada en vigor da Lei de Igualdade de Xénero,
o Estado español atopábase “nun momento de equidade de
xénero emerxente dentro do contexto mundial, ocupando
unha das mellores posicións do índice de equidade de xénero
(IEG)”, segundo se indica no estudo.
O
índice de desigualdade de xénero, amosou un patrón no ano 2005,
desfavorable ás comunidades do sur do Estado; a Lei de Igualdade de
Xénero, ano 2007, esixirá uns mínimos a todas os CC.AA., e
permitirá a existencia de políticas autonómicas que melloren a
propia Lei, pero que pola súa distinta aplicación segundo as CC.AA.
tamén poderá incrementar as desigualdades de xénero entre
comunidades.
Pero
o comezo da crise, en 2008, freou en seco este progreso. No traballo
explícase que “ao abeiro da crise realizáronse recortes
orzamentarios para as políticas de xénero, retrocesos nos marcos
normativos e reformas, como a eliminación dos organismos
de igualdade estatal e das CC.AA”. Ditas medidas, segundo se
destaca no estudo, tomáronse “con maior frecuencia nas comunidades
gobernadas por partidos políticos conservadores”.
Para
a obtención de resultados o estudo analiza o IEGM (índice de
equidade de xénero modificado), que permite identificar as
situacións en que existe inequidad desfavorable ás mulleres e aos
homes, dende tres perspectivas: a educación (taxa de alfabetización
e matriculación en estudos primarios, secundarios e
postobligatorios), a actividade económica (ingresos medios e taxa de
actividade), e a presenza en cargos directivos públicos e privados.
"O
principal achado é que en 2006 existían desigualdades entre CC.AA.
nos valores do IEGM, que aumentan en 2011 e máis en 2014, sendo
sempre e en todas os CC.AA. desfavorable ás mulleres. Polo tanto, a
Lei de Igualdade non tivo o impacto esperado. Esta situación en 2014
relaciónase coa gran brecha de xénero en empoderamiento (cargos de
responsabilidade e directivos) e a persistencia da brecha de xénero
na actividade económica. A pesar de que a brecha de xénero en
educación é desfavorable aos homes, hai un maior descenso da
matriculación universitaria nas mulleres".
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario