09/07/16

Logo de oito meses sen recibir a documentación das horas extraordinarias o Comité de Empresa denunciou na Inspección de Traballo a situación

Nun alarde de paciencia o Comité de Empresa agardou meses e meses a recibir a información sobre as horas extraordinarias, mais tal e como informabamos logo de levar sen recibila desde novembro de 2015 decidiu acudir á Inspección comunicarlle a situación para que interceda. Xunto coa denuncia achegou as solicitudes sen resposta e lembrou que hai un informe do propio asesor xurídico do Concello (para que se vexa que lle fan caso aos informes cando queren...) que indica que esta información debe ser entregada aos respresentantes dos traballadores de xeito mensual.

A intención non era acudir á Inspección, así llo manifestamos ao concelleiro de persoal en varias ocasións que tamén lle solicitamos verbalmente a documentación, mais o Concello non deixou outro remedio ao ignorar aos representantes dos traballadores pola vía da non resposta.


Ningún comentario:

Publicar un comentario