A Mesa Paritaria Xeral de Prevención da Función Pública, na
que están representadas a Administración e sindicatos, chegou a un acordo sobre
o borrador do protocolo unificado que servirá de base definitiva para os
procedementos de prevención e actuación ante as situacións de violencia
externa. O documento diferencia o tipo de violencia que sofre o empregado/a
como o dano físico ou psicolóxico e a ameaza, verbal ou con xestos, se se
produce durante o horario laboral.
O texto estabelece dúas formas de actuación: unha de
prevención e outra de intervención. Na primeira incluiranse os traballadores/as
«expostos/as a unha situación de violencia extrema» e deberanse identificar os
riscos posibles para mellorar a protección e a información, tal e como estabelece
a normativa. Respecto da intervención, o documento recolle os pasos para seguir
pola Administración e traballadores/as cando se produce un episodio de
violencia.
O borrador indíca que
no caso de que produzan danos físicos estos deben ter o mesmo tratamento que un
accidente laboral, polo que a atención debe ser canalizada a partir da mutua
correspondente. Así mesmo, o protocolo estabelece que debe informarse á
autoridade laboral do incidente e logo establecer «medidas correctoras» para
evitar que volva producirse.
A partir deste
momento, cada departamento da Administración catalá debe proceder á adaptación
deste acordo as súas necesidades específicas.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario