A CIG inicia o reparto
de material informativo da campaña para recuperar dereitos laborais e sociais
Editou milleiros de
panfletos, volantinas e documentos de análise sobre as pensións
A Confederación Intersindical Galega (CIG) vén de
iniciar o reparto do material informativo que fai parte da campaña para a
recuperación dos dereitos laborais e sociais perdidos nos últimos anos. A
central editou milleiros de panfletos e volantinas para explicar os detalles da
iniciativa e un documento de análise sobre as pensións que serán distibuídos
nos centros de traballo e na rúas.
A CIG xa comezou coa distribución do material
informativo que fai parte da campaña de
concienciación, acumulación de forzas e mobilizacións que vén de poñer en
marcha co obxectivo de recuperar os dereitos laborais e sociais perdidos nos
últimos anos.
Os representantes do sindicato repartirán nos
vindeiros días por boa parte dos centros de traballo e das rúas de todo o país milleiros
de panfletos e volantinas explicando a iniciativa e de documentos de análise
sobre as pensións nos que se desenvolven as propostas e alternativas da central
ao respecto.
Manifestación
nacional en Santiago
Con esta campaña
informativa preténdese tamén chamar ao conxunto da clase traballadora a
participar na manifestación nacional que terá lugar en Santiago o sábado 28 de
xaneiro en defensa do sistema público de pensións. A marcha, coa que se dará
inicio ás mobilizacións previstas na campaña pola recuperación de dereitos
laborais e sociais, partirá da Alameda ás 12.00 horas.
Ademais, no marco
desta campaña tamén están previstas concentracións comarcais o 15 de febreiro e
mobilizacións o 10 de marzo, sen descartar a convocatoria dunha folga xeral
cara aos meses de abril ou maio no caso de que tras a posta en marcha desta iniciativa
de concienciación e de acumulación de forzas non se aproban no Congreso español
medidas que permitan a recuperación de dereitos perdidos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario