Informe elaborado pola Axencia Europea
de Seguridade e Saúde no Traballo que proporciona unha revisión de
literatura científica relevante na materia, dirixido a recoller
información sobre iniciativas existentes, políticas e prácticas en
rehabilitation e regreso ao traballo logo de ter sufrido cancro e
reunir exemplos de intervencións exitosas.
Cada ano en torno a 1,6 millóns de
persoas en idade activa en Europa se lles diagnostica un cancro. O
informe da EU-OSHA reflexiona sobre o impacto desta situación en
traballadores e empresas, indicando a necesidade de facer máis para
facilitar a sustentabilidade laboral dos traballadores que sobreviven
ao cancro, tanto para promover o benestar deste grupo vulnerable como
para reducir o impacto social e económico aparellado.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario