15/03/17

Lembra! Prazo de solicitude das vacacións segundo o convenio colectivo

Segundo o artigo 10 do Convenio colectivo do persoal laboral en vigor, o Concello de Betanzos debe ter elaborado o día 1 de abril o plan de vacacións anual correspondente ao ano 2017 e aínda que, tal e como se indica, "o calendario anual de vacacións poderá ser modificado con carácter individualizado, logo solicitude dos interesados, sempre que non exista oposición, fundamentada en razóns obxectivas do servizo, e non se afecte a intereses de terceiros", é recomendable solicitar ao longo deste mes as vacacións en tempo e forma.

A pesar de que neste Concello nunca foi de coñecemento público o calendario de vacacións e o persoal tendeu a facer traballo que debería facer o propio Concello acordando as quendas de traballo nas vacacións estivais o certo é que deste artigo do Convenio enténdese que temos ata finais de marzo para solicitar as vacacións.

Para solicitalas lembra que hai un modelo de documento habilitado para o efecto e que na actualidade existe un rexistro no Departamento de Persoal, polo cal podes entregar a túa solicitude directamente alí. Ademais, neste caso, lembra que lexislación indica que o silencio administrativo con respecto á túa solicitude é dun mes e interprétase como positivo, é dicir, que se non che responden nese tempo tes dereito a coller as vacacións do xeito solicitado. Lembra tamén que se tes as vacacións concedidas e recibes unha orde de reincorporación, cousa que lamentablemente acontece especialmente nos servizos con máis asiduidade do que debería, deben facelo mediante unha notificación por escrito, ao igual que os traballadores debemos solicitar as vacacións por escrito, do contrario non consta en ningures esa reincorporación.

Tes o modelo de solicitude das vacacións aquí:

Ningún comentario:

Publicar un comentario