No DOG do 19/05/2017 publican
a convocatoria das axudas á conciliación da vida familiar e laboral
para os homes e familias monoparentais que, entre o 1 de maio de 2016
e 31 de maio de 2017 teñan unha situación de redución da súa
xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas.
Poderán beneficiarse os homes e as
familias monoparentais que, como medida de fomento da
corresponsabilidade, se acollan á redución da xornada para
conciliación da vida familiar e laboral entre as referidas datas
para o coidado dun fillo ou filla menor de 3 anos (ou menor de 12
anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida superior
ou igual ao 33%).
Así mesmo poderán acollerse a esta
axuda os traballadores que adopten unha persoa menor ou a teñan en
situación de acollemento familiar, nas modalidades de acollemento
familiar permanente ou acollemento familiar preadoptivo. Nestes
supostos, para ter dereito á axuda non poderán ter transcorrido
máis de 3 anos desde a data da decisión administrativa ou xudicial
de acollemento ou da resolución xudicial pola cal se constitúe a
adopción. En calquera caso, a filla ou fillo por quen se solicita a
axuda terá que ser menor de 12 anos.
Prazo de presentación:
un mes dende o seguinte ao da publicación no DOG.
Ningún comentario:
Publicar un comentario