16/06/17

Axudas sociais 2016: información

O Concello vén de lle entregar ao Comité de Empresa a información sobre o reparto de axudas sociais do ano 2017. A partida de 25000 euros foi insuficiente, as contías solicitadas foron algo máis e o cobramento das axudas solicitadas realizarase nun 99,65%.

O Comité deberá emitir un informe no prazo de dous días (logo de cinco meses agardando pola información e diversas instancias solicitándoo). Se calquera traballador/a quere información sobre a contía concedida pode poñerse en contacto con calquera dos delegados da CIG. Non obstante, tal e como lle comunicaremos ao Concello, debería publicar as listaxes, tal e como recolle o regulamento, e abrir un prazo para posibles reclamacións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario