Segundo a Fundación Española do
Corazón (FEC) o 43,5% dos accidentes mortais que se producen no
traballo son consecuencia dun infarto ou dun accidente
cerebrovascular. Estos datos se desprenden do informe "Estatísticas
de Accidentes de Traballo" elaborado en 2016 (que fai referencia
a datos do ano 2015) elaborado polo Ministerio de Emprego e
Seguridade Social. "É importante destacar que, contrariamente
ao que percibe a poboación xeral, a enfermidade cardiovascular non
só ocorre entre a poboación envellecida, senón que segue sendo
principal causa de morte na poboación activa" indica o
vicepresidente da FEC. "Ademais, tamén cabe destacar que
segundo o Ministerio cada ano prodúcense unhas 23.000 baixas
laborais por enfermidades do sistema cardiovascular".
Segundo os datos facilitados no informe
cada ano prodúcense unhas 23.000 baixas por enfermidade
cardiovascular no Estado español.
Atendendo a datos da Enquisa Nacional
de Saúde, o 35,3% dos traballadores/as ten un risco cardiovascular
alto coa presenza de tres ou máis factores de risco (sedentarismo,
obesidade, sobrepeso, tabaquismo, consumo excesivo de alcol,
diabetes, hipertensión e/ou colesterol elevado).
Segundo as conclusións do estudo de
poboación traballadora, o 26,1% da poboación traballadora enquisada
considera o seu traballo estresante ou moi estresante; o 13,1%
presenta hipercolesterolemia (un 14,8% homes e un 11% mulleres; o
10,6% padece hipertensión (un 12,7% homes e un 8,1% mulleres); o
3,2% presenta diabetes; o 29,4% fuma diariamente; o 13,8% da
poboación enquisada consome alcol a diario, sendo o consumo moito
máis elevado entre homes (20,1%) que entre mulleres (6,2%); ademais
o 41,9% da poboación traballadora declara non realizar actividade
física no tempo libre (o 45,8% mulleres e un 38,6% homes); o 34,3%
ten un traballo sedentario pasando a maior parte da súa xornada
laboral sentada/o; o 35,8% presenta sobrepeso (46,5% homes e 23,2%
mulleres) e o 13% obesidade (o 16,2% homes e o 9,4% mulleres);
así mesmo o 28% da poboación consultada manifesta un consumo
insuficiente de froita e verdura.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org
Ningún comentario:
Publicar un comentario