Tal e como informamos nestes días ao persoal laboral o Concello inicia a fase de consultas do borrador inicial da RPT. Cómpre lembrar que os traballos de asistencia técnica e xurídica se iniciaron o día 26/01/2017 e desenvolveranse en dous anos e medio, cuxas dúas primeiras fases serán as seguintes:
1.ª fase: 26 de xaneiro de 2017-25 de xulllo de 2017
-Deseño e elaboración do borrador inicial da RPT e Organigrama municipal.
-Fase de información e consultas cos representantes dos traballadores.
-Elaboración do borrador provisional da RPT e do Organigrama municipal.
2.ª fase: 26 de xullo-25 de xaneiro de 2017
-Negociación colectiva da RPT e do Organigrama cos representantes sindicais.
-Elaboración da RPT e do organigrama definitivos.
-Aprobación dos documentos e entrada en vigor.
O Concello, pois, nesta semana, entregoulle unha copia do borrador da RPT aos representantes dos traballadores e puxo a disposición do persoal que conta con ordenador e está en rede unha copia, non obstante, tal e como xa informamos, o Comité de Empresa rexistrou unha solicitude para que habilite un sistema de información a todo o persoal que que non ten acceso á rede do Concello ou nin sequera computador, na maior parte persoal laboral e de servizos. Así mesmo, solicitoulle que corrixa esta situación de cara a evitar unha discriminación no acceso a esta información que resulta de especial interese para todo o persoal e agardamos que nos vindeiros días se corrixa esta situación.
A participación neste procedemento pode instrumentarse mediante consultas ou reunións coa Concellería de persoal, ou mediante a presentación de informes, suxestións ou alegacións por escrito (individuais ou colectivas) durante o prazo de trinta días hábiles (ata o 25 de agosto de 2017).
A Sección sindical da CIG estará dispoñible para consultas sobre esta cuestión no local sindical (situado na Alameda Veiga Roel) os seguintes días:
14 de xullo (12:00 h - 14:00 h)
19 de xullo (12:00 h - 14:00 h)
27 de xullo (12:00 h - 14:00 h)
Calquera traballador/a laboral que teña algunha dúbida sobre este tema pode achegarse eses días ou, se non puidese, poñerse en contacto con calquera dos delegados da CIG.
Tal e como xa nos trasladou o goberno municipal este é un primeiro borrador, polo que entendemos que este é o momento de facer achegas, polo momento estamos estamos analizando polo miúdo o documento e tentaremos facer o máiximo número de achegas posible a comezos de agosto, como sempre fixemos ata o momento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario