A empresa adxudicataria do contrato para a elaboración dunha nova RPT e a reodenación dos recursos humanos do Concello de Betanzos tivo onte unha primeira reunión cos representantes das catro centrais sindicais deste Concello. Este reunión foi un primeiro encontro e o Concello amosouse disposto a outra posible xuntanza de cara a expór o que cada quen considerase oportuno.
A empresa comezou por un pequeno resumo de como se está levando a cabo este proceso e lembrou que se fixeron 140 entrevistas a traballadores/as e que este borrador que está a disposición do persoal é un primeiro borrador de RPT ideal, é dicir, na que aparecen postos que é posible que mesmo ao final non aparecen mais que o Concello son os que entende nunha estrutura ideal.
O borrador inclúe 17 postos de persoal laboral que na actualidade están fóra da RPT, por tanto, ao 100% do persoal que presta os seus servizos no Concello (non inclúe postos da actual RPT que considera que son para extinguir como albanel, monitor de xardinaría etc). Así mesmo fala da taxa de temporalidade do persoal laboral na actualidade, que é do 90%, nunha RPT actual onde o 33,8 % son funcionarios/as, o 54,7% son postos de laborais e outro 11,5% dos postos de laborais que nin sequera aparecen na RPT.
Hai unha intención de que a taxa de funcionarios/as se eleve nun 50% con respecto á actual RPT e outro dos obxectivos é a conversión do resto de laborais temporais en laborais fixos. Con respecto á RPT actual mantéñense 85 postos, reconvértense 21, créanse 18 e amortízanse 25.
Cando aos postos de traballo do persoal laboral proponse unha baixada de grupo A1 a A2, coa correspondente baixada de nivel para os postos de arquitecto/a, arqueólogo/a, técnico/a de normalización lingüística, dous de arquiveiro/a bibliotecario/a, dous/as psicólogos/as e director de Conservatorio. Unha baixada de grupo A1 a grupo B para o posto de técnico/a deportivo, e do grupo A2 ao B para os dous animadores socioculturais, así como do A2 ao C1 para o antigo posto de dirección do CFO. Tamén hai unha baixada de grupo III a IV do encargado de limpeza. Proponse, pois, unha baixada de grupo e nivel a 13 postos de laborais.
Por outro lado, proponse unha suba de grupo pola equivalencia de estudos coas novas titulacións para o posto de encargado/a dos electricistas, de grupo III a grupo B, a catro técnicas/as de xardín de infancia e a mesma suba de grupo para os dous/úas delineantes, así como unha suba de grupo VI a III para os dous electricistas. Así mesmo, hai unha suba de grupo para un novo posto de auxiliar de biblioteca / museo / arquivo de grupo V a IV e que deriva dun anterior posto de limpeza de edificios. Non se recolle unha suba de grupo V a VI das/os auxiliares de axuda no fogar que é unha reclamación xa case histórica e derivada dun requirimento de titulación que vén dado pola lexislación vixente. Proponse, pois, unha suba de grupo e nivel para 10 postos de laborais.
Canto ás xornadas, contémplase a ampliación a xornada completa de tres postos, o de técnico/a deportivo e dous de profesor/a da Escola de Folclore. Así mesmo, recoñécense dispoñibilidades aos postos de secretario/a xeral, arqueólogo/a (de 24 horas), encargado/a de servizos múltiples, encargado/a técnico/a especialista en electricidade e ao/á inspector/a xefe/a da Policía Local
Canto ás xornadas, contémplase a ampliación a xornada completa de tres postos, o de técnico/a deportivo e dous de profesor/a da Escola de Folclore. Así mesmo, recoñécense dispoñibilidades aos postos de secretario/a xeral, arqueólogo/a (de 24 horas), encargado/a de servizos múltiples, encargado/a técnico/a especialista en electricidade e ao/á inspector/a xefe/a da Policía Local
Canto ao persoal funcionario, só se observa unha baixada de grupo A1 a A2 no posto de director/a biblioteca /museo /arquivo.
Polo que respecta aos niveis do funcionariado proponse manterlle o nivel aos habilitados nacionais, reducir os niveis dos funcionarios do grupo 1 ao niveil 26, os do A2 ao nivel 24 e os C1 a nivel 18. Canto aos laborais indica que se manteñen no nivel actual no documento mais iso é incorrecto, posto que as propostas de baixadas de grupo mencionadas influirían na consecuente baixada de nivel, o que é máis grave se temos en conta que o persoal laboral na actualidade ten o nivel máis baixo de cada grupo e os funcionarios, en xeral, o máis alto. Tamén se propón unha suba de nivel dun inspector xefe ao 26 e do outro inspector xefe ao 24.
Neste primeiro encontro, a Sección sindical da CIG bosquexou algunhas das cuestións que van ser o cerne da posterior negociación co goberno municipal, para alén de non ter feita aínda unha valoración en conxunto do documento.
CRITERIOS DE ASIGNACIÓN DO COMPLEMENTO DE DESTINO
Enténdese que hai unha situación histórica de discriminación entre persoal laboral e funcionariado mais preguntouse polos criterios de asignación do nivel neste novo documento.
PROPOSTAS SOBRE O MÉTODO DE VALORACIÓN DO COMPLEMENTO ESPECÍFICO
Na proposta técnica presentada prímanse a titulación, o grupo, a xerarquía, a especial dificultade técnica, que representan o 66,5% dos factores, mentres que os factores ligados á prestación efectiva do traballo e as tarefas (dedicación, incompatibilidade, perigosidade, penosidade e tipo de horario) supoñen o 33,5%.
A CIG adiantou que fará propostas na liña de que o valor dos factores sexan semellantes de cara a unha RPT que valore os complementos específicos coa maior equidade posible para os diferentes postos, independentemente da titulación requirida para o acceso.
PROCESO DE CONSOLIDACIÓN DE POSTOS
O Concello contempla a provisión do posto o sistema de oposición libre para os postos actualmente ocupados por funcionarios/as, o concurso/oposición ou oposición libre para os postos que na actualidade son de laborais e pasarían a ser de funcionarios/as e o concurso-oposición que na actualidade están ocupados por persoal laboral temporal e se contemplan como de persoal laboral fixo. A CIG tamén xa comentou na Mesa algunha das súas propostas nesta liña e que as achegaría por rexistro nas vindeiras semanas.
Unha cuestión que non é para nada menor é que a proposta de baixada de nivel e/ou grupo de funcionarios/as non lles suporía mingua das retribucións a estes, mais no caso do persoal laboral só sería así ata que se accedese ao novo posto, ben de laboral, ben de funcionario no que as retribucións se percibirían segundo ese novo posto.
A Sección sindical da CIG xa está a traballar no documento que rexistrará con respecto a este borrador e que recollerá varias das cuestións faladas co persoal nestas semanas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario