A
Mesa de Negociación das Administracións Públicas foi adiada até a
próxima semana
A
Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, convocada
este xoves para aprobar as cuestións relativas a condicións
laborais e salariais dos empregados/as públicos/as -para a súa
inclusión nos Orzamentos Xerais do Estado de 2018-, quedou adiada
para a semana que vén malia o Goberno do PP ter avanzados acordos
con CCOO, UGT e CSIF á marxe do organismo. Dende a CIG xa adiantaron
que non asinarán ningunha proposta que non contemple a recuperación
dos dereitos que lle foron arrebatados ao funcionariado dende 2010.
Na
Mesa, as organizacións sindicais recibiron como xustificación deste
atraso que cunha semana máis se pode seguir mellorando o acordo.
Ademais entregouse un novo documento e convidouse aos sindicatos con
representación na mesma a estudalo e presentar propostas.
Ao
comezo da xuntanza a representante da Área Pública da CIG,
Maricarme López Santamariña trasladou á Secretaria de Estado a
denuncia polas negociacións que se veñen desenvolvendo con CCOO,
UGT e CSIF á marxe da Mesa Xeral, excluíndo a outras organizacións
sindicais que, como a CIG, contan con representación na mesma.
Negociacións que a Secretaria de Estado tratou de xustificar
argüíndo que se desenvolveron no marco dunha comisión creada coas
organizacións asinantes do anterior acordo.
López
Santamariña apuntou ademais que ao incio da xuntanza o representante
do CSIF “tivo unha intervención esperpéntica trasladando a Mesa e
o Ministerio a súa solidariedade cos funcionarios/as cataláns que
están pola defensa da unidade de España e do ordenamento xurídico
español”.
A
portavoz da Área Pública explica que o acordo contempla cuestións
relativas a condicións laborais, pero deixa á marxe o referido a
retribucións. “Entendemos que forma parte desa escenificación,
porque van apoiar o documento do goberno pero amosar oposición no
que respecta ás retribucións, para que esa posición lles sirva
como lavado de cara”.
Con
todo, a Área Pública da CIG xa manifestou a súa decisión de non
apoiar ningún acordo que non contemple a derrogación dos
Decretos-Lei impostos ao persoal das Administracións públicas desde
o ano 2010, entre outros: RD-Lei 8/2010, polo que se adoptan medidas
extraordinarias para a redución do déficit público; RD-Lei
20/2011, de medidas urxentes en materia orzamentaria e tributaria
para a corrección do déficit público; e RD-Lei 20/2012, de medidas
para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da
competitividade.
Isto
xunto con todos aqueles decretos impostos polo Goberno español
relativos a reformas laborais, reforma da negociación colectiva,
modificacións das pensións e demais recortes das condicións
laborais e salariais que afectan ao conxunto da clase traballadora.
A
Área Pública da CIG exixe tamén a restitución de todos os
dereitos laborais e salariais (horarios, pagas extras, salarios, 100%
do salario en situación de IT, fondo social, etc) que lle foron
arrebatados ao persoal empregado público desde o ano 2010.
Taxa
de reposición
A
proposta que se baralla contempla manter taxas de reposición , o que
para a CIG “sentenza aos sectores produtivos a seguir perdendo
persoal” . De feito limítase ao 100% para sectores prioritarios
tal e como se aprobou no 2017 e pasa do 50 ao 75% nos sectores
considerados non prioritarios, Iso si, nos ámbitos de seguridade
cidadá (policía nacional, local…. ) será do 115%.
A
intención do goberno é que cada administración poida dispoñer dun
5% adicional a engadir ás taxas xénericas que se aproben,
para calquera dos sectores que cada administración estime
conveniente. Con todo “néganse a aprobar a nosa demanda de
restitución da capacidade de decisión das comunidades autónomas
sobre a xestión do seu cadro de persoal. Lonxe disto, centralízase
aínda máis”.
Establécese,
xunto a isto, unha taxa de reposición especial – sen definir- para
a dotación de interventores na administración local.
Estabilización
do persoal
A
proposta da administración fala dunha taxa de reposición adicional,
que non se podería considerar como tal e que sería
xeral para todos os ámbitos, que non computará na taxa
xenérica de reposición. “Sería algo así como ampliar algo o
texto e liña de actuación do último acordo que asinaron coas
centrais sindicais sobre a estabilización do persoal das
administracións públicas”.
A
CIG-Área Pública chama a atención sobre esta cuestión porque se
están vendendo estes procesos de estabilización de emprego, como un
aumento de emprego público. “Non é verdade porque o único que se
pretende con isto é cumprir as sentenzas europeas referidas á
precariedade que padece o persoal das administracións públicas.
Unha situación a que están máis dun 40% dos traballadores/as que
teñen un contrato eventual, interino ou por horas ou días”,
denuncia López Santamariña.
Retribucións
A
proposta de incremento salarial, que non vai incluída no acordo cos
sindicatos CCOO, UGT e CSIF contempla un incremento fixo para tres
anualidades do 1,5% para 2018; do 1,75% para 2019 e do 2% para 2020,
xunto cunha parte variábel que estaría condicionada ao PIB de cada
ano que consistiría nun 0,25% e un 0,50% adicionais se se cumpren as
previsións.
Para
a Área Pública esta medida é inaceptable nun contexto de
incremento de prezos e produto interior bruto por enriba do 3%. “Non
se propoñen medidas de ningún tipo para recuperar o poder
adquisitivo perdido durante estes anos, que en conxunto se
poden cifrar nun 27% para o persoal que traballa para a
Administración do Estado e nun 38,7% para o persoal que traballa no
ámbito da administración da Xunta de Galiza”, sinala a portavoz
da CIG que advirte ademais que “as diferenzas salariais e de
condicións económicas entre o persoal das distintas administracións
continuará sen converxer, sendo discriminatoria a carga da perda
adquisitiva que sufrimos os traballadores das administracións polo
só feito de traballar para unha administración ou para outra”.
A
representante da CIG é contundente sinalando que “nos parece unha
tomadura de pelo que aos traballadores e traballadoras das
administracións públicas se nos fale de recuperación económica,
tendo en conta todo o que perdemos nestes anos”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario