Terá
lugar en Ferrol o vindeiro sábado día 25 de novembro
A
CIG-Administración celebra o vindeiro sábado 25 de novembro, en
Ferrol, o seu VII Congreso baixo o lema “Servizos Públicos,
Soberanía e Democracia”. Unha xornada na que 204 delegados/as
debaterán e acordarán as liñas de traballo para os vindeiros catro
anos; renovarán o organismo de dirección, escollerán as/os
representantes da federación no Consello Confederal e elixirán
secretario/a nacional.
A
CIG-Administración Pública chega a esta cita tras catro anos de
loita pola recuperación dos dereitos laborais e sociais perdidos
polas traballadoras e traballadores das administracións públicas,
pola recuperación dos servizos e do emprego público perdido.
A
federación valora moi negativamente o impacto que estes anos de
crise tiveron nas administracións públicas galegas a consecuencia
dunhas políticas de austeridade que deixaron tras de si un regueiro
de recortes en persoal, medios e prestación de servizos.
Tal
é así que hoxe a eventualidade nos cadros de persoal é dun 30-40%
e houbo unha caída dun 6% no emprego público, por mor da imposición
de taxas de reposición, o que está provocando un incremento da
idade media dos cadros de persoal efectivos que xa é de entre 50 e
55 anos.
Sendo
isto preocupante, para a federación de Administración Pública da
CIG máis o é a diminución da calidade dos servizos públicos, a
desaparición de moitos deles e a súa progresiva privatización.
Unha situación que favoreceu o aumento da corrupción derivada da
contratación de empresas privadas para xestionar actividades propias
dos poderes públicos.
Propostas
Durante
este período a CIG-Administración defendeu diversas propostas para
combater esta situación exixindo o establecemento dun plan de choque
que permitira, cando menos, recuperar os niveis de emprego público
do ano 2009; recuperar os servizos privatizados e os eliminados e ter
uns cadros de persoal que permitan ofrecer servizos públicos de
calidade en condicións laborais dignas.
Combateu
ademais a precarización laboral, tanto a temporalidade como a
degradación das condicións laborais e económicas defendendo a
implantación de plans de consolidación do emprego que permitan
aproveitar o potencial de moito persoal xa experimentado e regular a
súa relación laboral, moitas veces irregular.
Xunto
a isto exixiu Oferta Pública de Emprego con todas as vacantes,
incluídas as que necesariamente deben ser creadas para recuperar os
niveis de emprego público de 2010.
Recuperación
das condicións laborais
A
CIG-Administración pulou tamén, durante estes catro anos, por
recuperar dereitos sociais e condicións laborais, económicas e
profesionais, como o restablecemento do complemento específico por
IT para manter o 100% das retribucións; a aplicación do dereito de
xubilación parcial a todo o persoal; a cotización do 100% do haber
regulador do persoal de clases pasivas nos supostos de redución de
xornada previstos na Lei de Igualdade ou establecemento de procesos
de promoción sostíbeis no tempo; revisión dos regulamentos e
procedementos para a provisión de postos de traballo do persoal
laboral e funcionario, entre outros.
Recuperación
das condicións económicas
A
CIG-Administración defendeu durante este período un incremento
retributivo xeral acorde coa perda de poder adquisitivo de todos
estes anos, que está nun 31,7% no Estado español e nun 38,7% para
as traballadoras/es que dependen da Xunta de Galiza. Ademais reclamou
a reposición dos importes das pagas extra e a devolución de todas
as substraídas.
Administración
paralela
Durante
estes catro anos a federación tamén prestou especial atención a
vixiar a denominada administración paralela ou administración
instrumental, a través da que se mantén ao persoal nunhas
condicións laborais e económicas en moitos casos denigrantes.
Precariedade
no sector de Xustiza
Para
a CIG-Administración tamén foi especialmente preocupante o
desmantelamento da xustiza. Coas amortizacións elimináronse máis
de 100 prazas nos xulgados do país das que 24 estaban nos xulgado de
paz.
Do
sector de Xustiza veñen denunciando ademais que desde 2013 até a
actualidade, “vemos como nos rouban un 40% das pagas extra no CAT
(Complemento Autonómico Transitorio); néganse a homoxeneizar o
réxime de incapacidades temporais e enriquécense ilegalmente a
conta dos traballadores/as en substitución. Xunto a isto o goberno
da Xunta négase a avanzar na implantación da nova oficina xudicial,
cando resulta urxente implantar as Unidades Técnico Administrativas
para dar resposta aos problemas organizativos da xustiza galega”.
Xulgados
de violencia sobre a muller
Denunciouse
tamén a inadmisíbel falla de medios humanos, a escasa formación,
os medios materiais insuficientes e a ausencia de espazos
acondicionados nos xulgados de violencia sobre a muller. Por iso
reclamouse a creación de novos xulgados especializados nesta
materia, formación específica, dotación con ferramentas
informáticas axeitadas e espazos habilitados para unha atención
digna da vítima.
Estas
e outras cuestións centraron a acción sindical e as campañas da
federación que conseguiu, durante este período, situarse como
primeira forza sindical no sector e manter esa posición en
practicamente todos os sectores e comarcas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario