Son datos publicados en
outubro no Informe anual de accidentes de traballo no Estado español
en 2016, elaborado polo Departamento de Investigación e Información
do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, INSSBT. A
explicación a estas cifras hai que buscala nos división existente
no mercado laboral entre os postos de traballo que polo xeral adoitan
a ocupar homes e mulleres.
Segundo o informe,
contabilizáronse 566.235 accidentes de traballo con baixa. O 86,4%
tivo lugar durante a xornada laboral (489.065 accidentes de traballo
con baixa en xornada de traballo); o 13,6% restante no traxecto do
domicilio ao centro de traballo ou viceversa (77.170 accidentes de
traballo con baixa in itínere). Por sectores, o de maior
índice de incidencia foi Construción cun valor de 7.217,2, que
supera en máis do dobre a media dos índices sectoriais. O segundo
posto está ocupado polo sector da Industria, con 5.290,8, seguido do
sector Agrario, con 5.143,4, (ambos datos superiores á media). En
todos estos sectores as taxas de emprego masculino son moi superiores
ás de emprego feminino.
Sen embargo nas
Actividades financeiras e de Seguros, na Educación e nas Actividades
sanitarias e Servizos Sociais, o índice de incidencia das
traballadoras foi superior ao dos traballadores.
Máis info en www.cigsaudelaboral.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario