Sentenza
O
Xulgado do Social nº 1 de Logroño ven de ditar unha sentenza
recoñecendo o dereito a elixir a concreción horaria na redución de
xornada para coidado dunha menor; a traballadora solicitara reducir a
súa xornada de 40 horas semanais (de luns a sábado, unha semana en
turno de mañá e outra en turno de tarde) a 34 horas semanais en
horario fixo de 8 a 14 horas de luns a venres, sábados de 10 a 14
horas, e en igual horario os domingos e festivos que lle
correspondesen. A empresa negáse á concreción horaria, alegando
que debía a reducción debía ser concretada na quenda horaria que
lle correspondese por rotación.
Esta
sentenza estabelece como prevalente o dereito de atención á menor
sobre os criterios organizativos da empresa, baseando o fallo en
normativa e doutrina jurisprudencial, como a Sentenza do Tribunal
Supremo do 11 de decembro de 2.001, que sinalou que “nos supostos
de xornada reducida por garda legal, téndese a protexer non só o
dereito dos traballadores para conciliar a súa vida laboral e
familiar para mellor cumprir cos deberes inherentes á patria
potestade que enumera o artigo 154.1 do Código Civil, senón tamén
o propio interese do menor para recibir a mellor atención posible.
Por iso é polo que matice que na aplicación das reducións de
xornada que establece o artigo 37.5 Estatuto dos Traballadores, ha de
partirse da base de que tal precepto forma parte do desenvolvemento
do mandato constitucional (artigo 39 da Constitución) que estabelece
a protección á familia e á infancia. Finalidade que ha de
prevalecer e servir de orientación para a solución de calquera
dúbida interpretativa”. Así, argumenta que “debe destacarse, en
primeiro lugar, que resulta incuestionable que a distribución
orixinaria da xornada de traballo da actora con prestación de
servizos de luns a sábado en quendas alternas de mañá e tarde, en
relación co horario do centro escolar ao que acode a súa filla
menor, de 3 anos de idade, así como co horario de traballo do pai da
menor en quendas alternas de mañá, tarde e noite, pode orixinar
dificultades e inconvintes para a conciliación da súa vida familiar
e atender as necesidades inherentes ao coidado da súa filla menor”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario