O pasado 9 de maio o Concello constituíu a Comisión Paritaria de Igualdade que terá, entre outras finalidades, a elaboración e posta en marcha dun Plan de igualdade interno da Administración. Esta Comisión créase ao abeiro dunha cláusula do Convenio colectivo do Persoal Laboral e mas do Plan de Igualdade do Concello de Betanzos. O acordo do funcionariado, asinado por CCOO, CSIF e UGT non recolle nada con respecto a esta cuestión; non obstante, o Concello decidiu incluír nela tanto aos representantes do persoal laboral como aos do funcionariado.
Na reunión de constitución acordouse a composición desta que será a seguinte:
Polo Concello: María Barral (presidenta), Diego Fernández(vogal), Andrés Hermida (vogal) e Marta Díaz (secretaria).
Pola parte sindical: un/ha representante de cada un dos sindicatos que compoñen a Mesa Xeral de Negociación coa representatividade que lle corresponde (CIG, UGT, CSIF e CCOO).
Así mesmo, nesta reunión de constitución, a CIG fixo unha proposta de regulamento e reiterou a súa proposta de protocolo contra o acoso sexual, laboral, por razón de sexo e identidade no Concello de Betanzos. A Comisión de Igualdade acordou debater estes dous documentos na próxima reunión da Comisión, que se acordou que terá lugar en quince días.
En último lugar a CIG deulle a coñecer ao Concello e trasladoulle o informe sobre o Convenio colectivo desde unha perspectiva de xénero que elaborou o Servizo de Igualdade da Comisión Consultiva Autonómica
para a igualdade entre mulleres e homes na negociación colectiva para que a Comisión de Igualdade o tivese en conta de cara a posibles futuras melloras do Convenio colectivo neste aspecto.
Aquí tendes a proposta de regulamento da Comisión Paritaria da CIG:
Aquí tendes a proposta de protocolo contra o acoso presentada pola CIG:
Ningún comentario:
Publicar un comentario