Tal e como comentamos hai dúas semanas, pensabamos que houbera un problema con algún dos acordos adoptados na Comisión Paritaria do Convenio Colectivo que tivo lugar o pasado mes. Non obstante, e logo de revisar a documentación e mais comprobar a acta do secretario da Comisión, decatámonos que o malentendido se debera a un erro na transcrión e na comunicación que dos acordos se lle transmitiu ao persoal.
Por isto, a semana pasada, a CIG rexistrou un novo escrito no Departamento de Persoal onde comunicaba que detectara o erro e desistía da solicitude realizada
o 20/04/2018 relativa á renegociación dos acordos tomados na última
Comisión paritaria, así como lle comunicaba que mantiña os acordos porque puidera comprobar que
na documentación que consta en persoal estaba o acordo de xeito
correcto, tanto na acta como na documentación sobre a que se negociu
Independentemente
disto a CIG insistiu na necesidade de facer efectivos canto antes os
acordos tomados na Comisión Paritaria para que se solucionen os
temas pendentes relacionados co Complemento Persoal Transitorio e de
cara a que o persoal afectado teña a menor repercursión económica
posible derivada da aplicación deste punto do Convenio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario